Os Fervellasverzas

Publicado o 28 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

Hoxe presentamos para quen non os coñeza a unha banda rockeira de Pontevedra  cun curioso nome, Os Fervellasverzas. Comezaron facendo punk-rock e algo diso aínda teñen(ese Dígame taxista), pero básicamente polo escoitado son unha banda de rock duro(boogie) variado, cun chisco de southern-rock,  algún deixe funk e incluso atrevense co bluegrass(nese tema ata recordan a The Cramps). Unha banda moi versátil pero con personalidade, non soando deslabazados ou dispersos para nada. Teñen tocado por Galiza adiante e teloneado a bandas coma Heredeiros ou Celtas Cortos. O ano pasado gravaron o seu 2º disco, que leva por título "Instinto animal", e agora dín estar buscando discográfica para editalo. No seu myspace  podedes escoitar varios temas de ese novo disco, e teño que dicir que soan moi ben, con moita forza,  rockeiros e pegadizos, nalgún tema lembranme os Siniestro Total máis rockeiros(con Julián Hernández a voz). Todo un descubrimento para os máis rockeiros, pedazo de banda!

Máis info:  http://www.myspace.com/osfervellasverzasrock





"Hablaban con frases hechas", o novo de Doctor Explosión

Publicado o por Rulo. en
0



O vindeiro 15 de marzo é a data escollida para poñer a venda o novo traballo de Doctor explosión, "Hablaban con frases hechas". Foi gravado , coma o seu anterior traballo, nos estudos Circo Perrotti(propiedade de Jorge Explosion) con Jorge como productor. Contén dez temas propios(todos en castelán) e un par de versións, esta vez os grupos a versionear son New Order e Los Brincos. Sairá en formato Cd e Lp e será distribuido por Munster Records. Comentar que os estudos Circo Perrotti son un dos poucos que traballa en formato totalmente analóxico e conseguen un son caralludo, moi superior para mín o dixital, guste ou non guste isto(o rango dinámico é perfecto, lonxe do lixo hipercomprimido tan en boga, a ver se nos decatamos que volumen non é igual a bó son...hai moita ignorancia neste tema).

Abaixo tendes o videoclip do tema escollido coma primeiro single, "¿Quién quiere lo que tuvo ayer?".

Máis info en http://www.doctorexplosion.es/





'La Fuga' presenta o seu último traballo na Sala Capitol

Publicado o 27 de fev. de 2011 por Rulo. en
0


Despois da separación de Rulo con La Fuga, o primeiro deles fundou Rulo y la Contrabanda xunto a Fito, quenes tocaron o novembro pasado na pequena Sala Capitol ante un milleiro de siareiros. Pola outra banda, os membros de La Fuga decidiron seguir co proxecto e encontraron un novo cantante, Pedro Fernández (ex Mr. Fylyn). Así, varios meses despois deste concerto de Rulo, agora o turno é de La Fuga, quen o vindeiro 2 de abril tocará na sala Capitol de Santiago de Compostela. O grupo cántabro presentarase ante o público galego co seu último traballo, "Raíces". O concerto, en principio, é o único que ofrecerán os cántabros na nosa terra.

M-Clan presentarán 'Para no ver el final' en A Coruña e Vigo

Publicado o por Rulo. en
0


A banda murciana M-Clan ofrecerá o próximo 12 de marzo, no Teatro Colón, un concerto no que repasará o que é o seu último traballo: "Para no ver el final", producido polo exguitarrista Carlos Raya, actualmente en Fito & Fitipaldis. As entradas xa están a venda a través da taquilla de Novacaixagalicia, cun coste de 23 e 26 euros. A actuación dará comezo as 20:30 e, ao longo do recital, aproveitarán para repasar os temas máis populares da súa discografía, como 'Antihéroe', 'Llamando a la tierra' ou a versión que fixeron de Miguel Riós, 'Santa Lucía'.

Por outra banda, un día despois os vigueses poderán tamén estar no concerto que a banda murciana ofrecerá no Teatro Novacaixagalicia o domingo 13 de marzo, tamén ás 20:30.

O vindeiro mércores finaliza a oferta de abonos a 40 euros

Publicado o por Rulo. en
0

O vindeiro mércores 23 de febreiro é a túa última oportunidade para conseguir os abonos para o o Derrame rock 16 por só 40 euros 'o prezo máis barato posible'. A partir do próximo xoves 24 de febreiro as entradas pasarán a custar 47 euros máis gastos de distribución. Así que xa sabes se tes pensado ir ao festival, ata se tes pensado ir un só día, compra a túa entrada antes de finalizar a oferta, as entradas de día ( venres ou sábado) terán un prezo similar a esta oferta.

0

O vindeiro luns ás 20:00 h. horas, é a data límite para inscribir ao teu grupo no concurso do Derrame rock 16, na pagina web do festival tes as instrucións a seguir. A partir do martes 1 de marzo ás 12:00h. comezará o proceso de votación, a través do concurso, 6 bandas Ourensás e 2 estatais estarán no Derrame rock 2011. A data de hoxe están inscritas preto de 300 bandas. Recordamos por outra banda, que mañá miercoles é o último día para conseguir o abono a 40 euros, a partir do xoves pasarán a custar 47 euros gastos de distribución.

Entrevista con Novedades Carminha

Publicado o 25 de fev. de 2011 por Rulo. en
0



Co galo do próximo  lanzamento do seu segundo disco, que ten o clarificador título de "Jodete e baila" e  que saíra o vindeiro 13 de abril, enviasmoslle un cuestionario a Novedades Carminha que reproducimos tal cal eles nolo devolveron. O disco foi gravado nos estudos Tigruss(Gandía) e segundo eles,  sen esquecer a súa forza punk primixenia, aposta por un son máis garaxeiro e bailón.  Dinse influenciados neste novo album polo estandarte do garaxe-rock americano máis low-fi, The Black Lips(moi recomendable o seu terceiro album "Let it bloom", tocaran pronto na GZ) e por bandas coma Ty Segall, Jay Reatard, Harlem, Vivian Girls ou Thomas Function. Se eres fan de Judas Priest(eu sin ser fanático deles, penso que  cantas bandas pagarían por ter un 25% dos temazos que eles teñen), non sigas lendo, volve a loita oitenteira heavy's vs. punks da mán de Novedades Carminha. Se andas a procura de xente políticamente correcta, segue camiñando. Se buscas xente que trabucada ou non, non teña pelos na língua, senta e ponte cómodo.

P.- Estades a gravar un novo disco, que se pode esperar de vos neste novo traballo e que podedes adiantar do feito ata o de agora en canto a dirección musical, temática das letras, son..etc?

N.C. Que coño vas esperar de nós, pailán? A dirección musical é para as bandas municipais e as orquestras, polo tanto simplemente facemos coma sempre: un, dous, tres e arriba. As letras son do alfabeto latino


P.- Cales son as vosas principais influenzas musicais e cales(aínda que poidan ser as mesmas) foron as que vos levaron a botarvos a perder facendoos perigosos delincuentes musicais?

N.C. As infuencias son múltiples e nin están encadradas nun estilo nin nunha forma de ver a música. Últimamente estamos flipando coa nova onda de garaxe americano (Black Lips, Jacuzzi Boys, Jay Reatard, Best Coast, etc), aínda que cada un de nós escoitamos moitísimos grupos de moitos estilos. O noso brackground musical e moi diferente: desde a Velvet a The Drums pasando por Siniestro total e a orquestra Los Satélites. Cada grupo que nos mola ten cousas que despois reciclamos de algún xeito. Tamén practicamos a reciclaxe real facendo croquetas todos os mércores.


P.- Cal é o voso soporte musical preferido (vinilo, cassette, cd..) e por qué? Como vedes o actual auxe do vinilo?

N.C. O soporte da un pouco igual. O carallo é escoitar música e non mollar a braga por que esta sexa americana ou canadiense. Aquí tamén se fan cousas boas. Qué estea ou deixe de estar de moda o vinilo a nós súdanola un pouco, aínda que sexamos coleccionistas cada un na nosa casa.


P.- Volvendo a gravación, que tipo de son buscades cando gravades? Que pensades da tendencia da música mainstream (e tamén de moita da outra) a facer esas gravacions supercomprimidas e megaperfectas que teñen coma resultado que todalas bandas soen semellantes e que se perda a dinámica musical case por completo? Cal sería para vos un bó exemplo de disco que sone “que te cagas”?

N.C. Para o noso novo disco, “Jódete y Baila(Lixo Urbano, 2011), que sairá o próximo 13 de abril, buscamos e conseguimos un son máis natural. Somos un grupo de directo e de local de ensaios, polo que nos mola que as cousas soen reais. Sin ser militantes da chatarra, o son a medio camino entre lo-fi e o hi-fi é o que nos mola. Moitas bandas buscan a perfección en canto a son e o único que consiguen é un son pretencioso, pedante e hortera, que en ningún caso é o seu son persoal. Somos unha banda de garaxe-punk e así queremos soar, a garaxe e a punk, o que non quere dicir que gravemos con mal material nin en malos estudos. As superproduccións no rock and roll son una pailanada. Un disco que soa que te cagas é o último de The Strange Boys ou o Minor Love de Adam Green.

P.- Gravacions por pistas ou por separado, que preferides e por qué?

N.C. Gravamos en directo e todos xuntos, como se gravou o rock and roll toda a puta vida. A intensidade e a frescura de cando estamos tocando todos xuntos é moi diferente a facelo por pistas, que so as utilizamos para vir borrachos das verbenas.


P.- Coido que sodes todos periodistas, postos a escoller que prefeririades unha longa e satisfactoria carreira musical(vivindo da música vaia), ou unha longa e satisfactoria carreira periodística?

Carlos: A min o que me mola é a música. Temos a sorte de que son dous terreos que están moi preto, e nos permiten estar en permanente contacto coa música dende o xornalismo e co xornalismo dende a música. Eso si, mola máis ser punk que oficinista.


Jarri: A min o que me asusta do de vivir da música é acabar sendo un xornaleiro do rock: depender de facer tantos concertos, discos ou o que sexa ao ano para sobrevivir. De todos os xeitos, polo momento non nos temos que preocupar por iso...


Xavi: Non o tenho claro. Nos dous mundos corres perigo de convertirte nun autentico coñazo. “Matame camión no quiero ser viejo”.


P.- Como compoñedes entre todos ou hai alguén que chega cos temas casi niquelados , facedes jams ou brainstorming? Dádelles importancia as letras , tendes algunha mensaxe que transmitir a esta xuventude descarriada e malfalada coa que tendes que convivir?

N.C. Temos un modus operandi algo similar, xa que estamos europeizados e ensaiamos por obxetivos. Normalmente todos imos reclutando ideas tanto de composición como de son e estilo e poñémolas en común no momento que teñamos por obxetivo gravar un disco ou facer concertos. As letras saen nos bares, coa única pretensión de transmitir diversión e non sermonear a ninguén.


P.- Que considerades máis importante a hora de facer música, a técnica musical e o virtuosismo ou a imaxinación e inspiración para facer boas cancións?

NC : A ti que che parece? O máis importante é saber copiar. Para nós a técnica sempre foi suficiente para expresar o que queríamos. Tamén é certo que o día da fundación do grupo, despois de reventar na proa a botella de champán,deixamos de lado a cuestión de técnica musical e nos dedicamos a tocar cos collóns. Para compoñer boas cancións pop hai que ter escoitado moitas boas cancións pop e sabelas conxugar con outras cousas que che inspiran, coma o porno, os xogos de azar e o futbolín.


P.- Decídeme en poucas palabras que pensades destas bandas ou artistas:

-Ramones: C e J: MOLAN. X: Marky Ramone PESADO.


-La Polla Records: Carlos: UNHA MERDA; Jarri: Os primeiros discos “Salve” e “Revolución” son incribles, os seguintes non os aturo tan ben; Xavi: MOLAN


-Hombres G: Non nos atraen nada de nada.

-Parálisis permanente: MOLAN Moito.


-Johnny Cash: MOLA, pero é un pouco como a compota navideña. Empalaga por repetición.


-Ted Nugent: UNHA MERDA


-Judas priest: Unha panda de pajilleros co pelo graxento que dan puto asco fisicamente e ganas de vomitar cando escoito a súa música.


-O Leo i Arremecaghoná: MOLA. É único


-Metralletas lecheras: MOLAN, pero tamén se fan moitas pallas, coma Judas Priest.


P.- Coma se chamaría unha hipotética canción vosa adicada o actual lider do PP (Mariano Rajoy)?

Nunca se nos ocurriría facer unha canción cunha temática tan aburrida.


P.- Que pensades das bandas que teñen letras políticas e reivindicativas, gustanvos?

Carlos: Non. Parécenme un pesadelo auténtico. O pensamiento político ten o seu lugar, e é necesario adquirir una conciencia política profunda, que se consigue informándose. Simplemente creo que os grupos que reivindican de xeito tan pouco sutil suplen as súas carencias creativas do mesmo xeito que o fan os partidos políticos aos que critican, dirixindo un discurso determinado a un público determinado que quere escoitalo, polo tanto iso supón anular o leit motiv do punk que é a provocación e a orixinalidade. Precisamente o punk nunca se identificou cunha ideoloxía, senón que funcionou como arma contra a alienación política e social.


Jarri: Todo é política. Nas nosas letras tamén hai política, o que pasa é que non somos ningún partido. Suscribo o anterior.


Xavi: son da opinión de que os músicos non son os mellores lanzando ideais políticos en forma de eslogan ou estribillo. A música termina por converter, e sobretodo nestes días, todo nunha marca, nunha mesaxe barata, sinxela e carente dunha ideoloxía real . A política non pode ser tendencia

P.- Eu penso que a movida madrileña en xeral está moi sobrevalorada(TdK por exemplo son da época e son a ostia, pero eu non os metería aí falo de Glutamato ye-ye, Pegamoides, Kaka de luxe, Elegantes, ..) que pensades vos? E do chamado Rock Radikal Vasco? Gustavos algunha banda deste ultimo movemento(CIcatriz, RIP, La Polla, Eskorbuto, Parabellum, Vomito, Kortatu...)? E xa postos da movida viguesa dos 80 que pensades?

C: A min os Pegamoides parécenme un grupazo de punk, igual que Kaka Deluxe, Derribos Arias ou moitos outros. Como en todas as épocas había grupos bos e grupos malos. Eles foron os primeiros en importar ideas que estaban florecendo en Inglaterra e EEUU e acoplalos ao noso xeito de vivir e de contar as cousas, por iso merecen un respeto. Paréceme que están sobrevaloradas cousas en concreto que se meteron no mesmo saco, e detesto que os peluqueiros, os travestis e as putas foran considerados artistas por ser diferentes.


O rock radikal Vasco non me interesa demasiado, quizáis porque empato menos coa súa música e a súa tematica, que deriva máis do hardcore punk, anque Eskorbuto é un grupo que me gusta moito. Na movida de Vigo pois igual, hai cousas que me gustan e outras que non.


De todos os xeitos, supoño que estas foron épocas onde se crearon ambientes moi especiais e iso é sempre enriquecedor para os que teñen a oportunidade de vivilo e para os trapicheiros de farlopa.


X: De seres un rocker estarías resentido por ser excluido da movida. En tódolos coles hay pringados, chapones, macarras, cachondas... E sempre hay algún que lembra as cousas diferentes de como foron. A min as discusiones do tipo “Quen molaba mais?” xa me aburren un pouco. En definitiva: o que importa son os discos que tés na casa e se ninguén os conhece podes pensar que molan moito máis.


P.- Credes que hai ou pode haber unha explosión de grupos galegos que poidan sacar un pouco a cabeza agora mesmo ou a curto prazo(Vos, Le Cul..etc)? Estades o tanto do que vai saindo na Galiza?

NC: Si, estamos moi atentos a todos os grupos que saen de Galiza. Realmente hai un nivel increíble. Hai grupos galegos dos que se fala moito fora, un exemplo é TAB, que arrasan onde van e moitos outros que teñen moi boa acollida como Telephones Rouges ou Indómitos. Nós agora teremos unha xira de presentación do disco de 20 concertos polo estado e esperamos ser ben acollidos, porque senón van chover hostias.


P.- Agora unha pregunta típica e tópica, como son os concertos de Novedades Carminha? Preferides dar un concerto musicalmente perfecto ou antepoñedes o bó rollo e a festa ó anterior?

C: Nós sempre intentamos estar musicalmente impecables anque toquemos punk, pero iso non é incompatible coa festa e o bo rollo, todo o contrario. Si ofreces un bo espectáculo a festa será mellor. Por iso nos gustan tanto os grupos que fan compatibles as dúas cousas. Follar está sobrevalorado.


J: A min iso do bo rollo non me mola nada nun concerto de rock and roll, se che digo a verdade. Gústame que haxa tensión entre pista e palco. O da festa é imprescindible, tes que pasalo ben, se non a que vas a un concerto?


X: O importante e tocar rápido, non parar,  non aburrir. A mala ostia é necesaria. Se tes que parar para pensar, mal. A festa é imprescindible pero antes de tocar somos como angelitos.


P.- Que opinión vos merece a maioría da prensa musical do estado , refírome a que traballa nos grandes medios El Pais, Rolling Stone..?

C: Non recollen todo o que hai, pero si parte. Tanto El País como Rolling Stone fan cousas interesantes, ao igual que Rockdeluxe, Ruta 66 e un montón de fanzines e Ezines independentes . Os grandes medios deberían de abrirse moito máis e fomentar un espíritu crítico e non impoñer bandas á vez impostas polas grandes discográficas. Si atenderan un pouco máis ao underground sería moito máis enriquecedor tanto para as bandas como para o lector.


J: En todas as artes hai que atender aos novos creadores, xa que son os que traen a merda fresca e visceral. Darlle cancha so aos vellos e asentados, que ofrecen material que cheira paréceme infame, como a Cidade da Cultura.


P.- Recomendádeme algun grupo novo ou grupos que vos impactaran? Cal é o derradeiro disco que mercastes?

C: Para min Lüger e Triángulo de amor bizarro son as das mellores bandas da actualidade do estado. Tamén están Juanita y los feos ou Los Claveles. De fora mólanme The Oh Sees, Black Lips e Ty Segall sobre todas as cousas.


O último disco que merquei foi un de Nobunny


J: Todos eses mólanme. Tamén están por aí funcionando a pleno rendemento Caballo Trípode, Nueva Vulcano, Fuckin` Bollocks ou The Homens, que agora fan shows en acústico para a 3ª idade. Ben por eles! O último disco foi dun grupo asturiano de punk: Las Nurses


X: Eu ando a flipar con bandas como Tweak Bird e os Black Keys. Flipei cando escoitei o disco de Girls e os 'ultimos temazos de Junip. Flipei con Strange boys en concerto e Waves me pareceron unha puta merda. O último disco que merquei foi o No Season dos Jacuzzi Boys.


P.- Para rematar, plans futuros e decídeme, se no 2012 chega a fin do mundo que é o que tendes pendiente por facer antes de tan magno acontecimento?

N.C. En abril e maio imos xirar por toda a península para presentar o novo disco: Santiago, Zaragoza, Barcelona, Girona, Freakland, Gijón, Bermeo, Valencia, Alacant, Madrid, Granada, Úbeda, Coruña, Vigo, e se cadra algunha sorpresa de última hora. O disco vaino editar Lixo Urbano e distribuirao Munster Records. Sempre soubemos xuntarnos. No 2012 acabará todo, pero deixaremos un cadáver bonito para que todos poidades mirar para el. Saudarnos sempre!


Máis info:     www.myspace.com/novedadescarminha





Novo videoclip de Dakidarría

Publicado o por Rulo. en
0



Aquí tendes o novo videoclip do tema "Despertar" de Dakidarría, pertencente o seu ultimo disco "Realidades alienantes". O clip está producido por Saraiba Audiovisual e foi gravado en xullo de 2010. Informannos tamén de que a banda está a piques de comezar unha nova xira que os levara por toda a península.

Os próximos concertos da banda serán:

30/04/2011 - Iguana Club (Vigo)
07/05/2011 - Marrucho (Baiona)
24/06/2011 - Derrame Rock (Ourense)

Máis info en: http://www.myspace.com/dakidarria





Zënzar preparando novos temas con vistas a un novo traballo

Publicado o 24 de fev. de 2011 por Rulo. en
2



Informanos Manolo, batería dos grandisímos Zenzär, que este ano os decanos do rock en galego voltaran a traballar en novos temas “coas mesmas ganas que aló a finales dos 80, pero con máis madurez e serenidade!”. A súa intención é a de publicar un novo disco a comezos do 2012 , o que supón unha moi boa nova para todolos seus siareiros. Compaxinaran esta labor compositiva con actuacións en directo, despois de finalizar a longa xira de presentación do seu fantástico e derradeiro disco ata o momento, “A tribu”. Un disco compacto coma o formigón armado e cheo de temas impresionantes coma esa xoia da música galega contemporánea que é “Caneando ruainas”( e non esaxero un pelo). Contanos que existe a posibilidade, aínda non confirmada, de que o seu novo disco, o sexto da súa carreira, vaia acompañado dun DVD cun concerto gravado na súa casa, en Cerceda , no ano 2009.

Durante o 2010 tocaron tanto en pequenas salas e concertos solidarios coma en festivais coma o Karraskal Rock ou o Arrecabo 2010, compartindo escenario con bandas coma Rosendo, Kaótiko ou Segismundo Toxicómano o mesmo que con outras moitas bandas galegas. Unha desas bandas foron Esquíos, e teño que dicir que si coma banda son grandes, coma persoas aínda son máis grandes.

Máis info en: http://www.myspace.com/somoszenzar

En directo na TVG, no programa Banda Curta:







Recentemente fixeron un concerto para a Radio Galega música e produciron un video da versión acústica do seu "Tiven un Bar" con sabor a Bossa Nova e que pòdes ver aquí:







0



Se vos pido o nome dun personaxe que sexa sinónimo de rock no seu máis amplo senso, seguro que pensades en Lemmy ou en Iggy Pop... Se engado que ten menos de 40 anos, xa vos empezo a poñer en problemas e deixovos con moi poucas opcións de resposta ... E se para rematar, vos digo que é sueco, que tanto toca death metal coma rock and roll clásico, que toca a guitarra a batería e canta... xa debedes telo moi claro, por que só hai unha resposta posible: Nicke Andersson alias Nick Royale.

Músico e productor, ex-batería de Entombed, ex-guitarra e ex-cantante de The Hellacopters, actualmente batería en bandas de estilos tan diferentes coma Death Breath(old school death metal) ou The Solution(Soul, R&B), colaborador nunha chea de proxectos... a todo esto engadelle que dirixe o seu propio selo discográfico, Psychout Records, e que na meirande parte das bandas as que pertence é o principal compositor.... Ben, pois este home presenta, despois da disolución da banda que o fixo célebre(The Hellacopters), o primeiro disco do seu novo grupo: Imperial State Electric chamase tanto a banda coma o disco que editaron en marzo do ano pasado. En formación de cuarteto, ocupandose el da guitarra e voz e contando co apoio no disco de Dregen(Backyard Babies, ex-Hellacopters..etc) entre outros , e en directo co baixista de The Datsuns o guitarrista Tobias Egge e o batería Thomas Eriksson.

Segue nesta nova banda a estela dos ultimos traballos discográficos de The Hellacopters, pero nunha onda máis Kiss(os que telonearon na súa ultima xira polo estado) ou Cheap Trick e cun toque máis pop nalgunhas melodías que poden chegar a ter un aire sesentas nalguns casos. Isto non quita para que tamén lle saiban arrear o hard rock coma os que máis. Entón temos un disco con temas hard rockeiros, melódicos, vitalistas e moi moi adictivos. Todo iso poderedes comprobalo o vindeiro día 3 de marzo na Sala O Tunel de A Coruña.

De teloneiros estarán os italianos Small Jackets, grupo moi influenciado por MC5, AC/DC, Led Zeppelin ou The Hellacopters.As entradas teñen un prezo de 17 € anticipada e 20 € en taquilla. Coma curiosidade, o día 9 de abril tocaran nesta mesma sala, Entombed, a ex-banda de Nick. Na sección de concertos podedes ver o calendario de actuacións na Sala O Túnel para os dous vindeiros meses.

Máis info en : http://www.myspace.com/imperialstateelectric http://www.myspace.com/salaotunel





'Agora sí...! Despois igual non (imolo vendo)', o novo de Esquios

Publicado o 22 de fev. de 2011 por Rulo. en
0



"Agora si!!...despois igual non(imolo vendo)" é o título do que será o novo traballo de Esquíos(dos que formo parte, por certo). Despois de dous discos gravados por min mesmo no noso local, voltamos a poñernos nas máns dun profesional que neste caso será o gran Arturo Vaquero, responsable da masterización do vindeiro traballo de Ultraqans(e de centos de traballos máis) e co que fixen, hai máis de dez anos, a que foi a derradeira gravación de Micropuntos, a banda na que tocaba eu daquela(dende aquí podedes descargar esa gravación). Serán 12 temas nos que a tónica xeral é un incremento da velocidade e da contundencia, alonxandonos un pouco da nosa etapa mais garaxeira, achegandonos a un son menos suxo e contendo algún tema máis experimental dentro dos nosos parámetros(xa vos adianto que non habera nin lambada nin reggaeton). Aí podedes ver o deseño de portada provisional, que ten visos de pasar a ser definitivo. O disco gravarase, mesturarase e masterizarase durante 4 días de finais do mes de abril, polo que poida que saia a finais de maio. Se queredes a miña opinión, este vai ser o mellor disco que gravamos , por que nel van ir os mellores temas que xamais tocamos, pero coma son membro do grupo e ademais eu compoño os temas, xa veredes vós a credibilidade que lle dades as miñas verbas. A partires de maio agardamos comezar a tocar de novo ao vivo, xa que para quen non o saiba, actualmente estamos parados debido a unha operación de xeonllo do noso batería. E xa que estamos, aínda queda algunha copia en vinilo do "Galician carraxe on garaxe", se a queredes podedes pedila a esquios@esquios.com, ou mercala en Santiago, en Discoprecio ou na Reixa Tenda.

Máis info en: http://www.esquios.com











Susie Q's

Publicado o por Rulo. en
0

Hoxe presentamosvos a unha banda procedente do noroeste da provincia de Ourense, Susie Q's. Unha banda de rock and roll que coma eles mesmos nos contan nacen coma banda paralela dun grupo de  amigos que militan en bandas coma Mississipi Blues Explosion, Kambotes, Demetrius,  ou Kaso Aparte. No ano 2007  é cando  o seu proxecto toma visos de realidade e gravan a súa primeira demo, "P.K.O." onde apuntan por onde irá o seu son. Na actualidade seguen ensaiando, compoñendo e dando concertos mentres  preparan o seu primeiro disco longo que agardan  ter listo nun breve lapso de tempo.  Describen os seus concertos coma "vibrantes" e din "entregarse e interactuar co público asistente, que desfruta dunha grande descarga de rock and roll", non o dubidamos e damoslle dende aquí os nosos parabéns por ese próximo primeiro traballo discográfico que de seguro vai dar que falar. Se queredes saber máis deles ou estar o tanto da súa actividade :
http://www.myspace.com/susieqsband

Velaquí unha mostra da música destes rapaces en forma de videoclip:





Motociclón- Gentuza

Publicado o por Rulo. en
0

Teño entre as miñas máns o terceiro vinilo editado por estas catro bestas do jebi-punk máis aguerrido, falo dos madrileños Motociclón e do seu novo traballo discográfico, "Gentuza". O vinilo está editado(o cd editao Maldito records), o mesmo cos dous anteriores, por Beat Generation que ven sendo un subselo de Munster Records, ou sexa que se vos queredes facer con el, cousa que vos recomendo, podedes mercalo o mellor prezo por exemplo aquí . Dez temas redondos coma dous soles é o que podemos atopar neste novo lanzamento. Algo máis de  melodía(para un voceras coma Robertez), un pouco menos de macarrismo e quizais temas máis traballados, con bastantes cambios e instrumentalmente moi interesantes. En xeral soa menos punk que por exemplo o seu primeiro lanzamento(Himnos de extraradio), e segue máis a onda do anterior(Costras y tachuelas), coidado que soar menos punk non significa que perderan gancho nin forza nin moito menos. En canto os temas a verdade é que todos están moi ben pero destacaría "Poblao calé  on fire", "Domingo katackroker" cun xenial e pegadizo retrouso, a acelerada  por momentos e con riff herdado de Motorhead "Los listos", a fenomenal  "La explotagüebos" cun orixinal riff a cargo de Tras e cunha letra moi cachonda...e podería seguir pero só vou destacar  dous temas máis: a balada "Comiendote el ojal en un 127 abandonao", unha power-ballad heavy en toda regra, musicalmente moi boa, cunhas melodía acertadisimas  e cunha letra escacharrante. A outra é a que pecha o traballo a acelerada "La canción de relleno", un tema de  corta duración cunha introducción que persoalmente encantame, tratase dun hilarante diálogo sacado da película dos Monty Python "Os cabaleiros da tabla cuadrada", o igual que fixeron no primeiro traballo con introduccións sacadas da película americana " The warriors" ou no anterior de "El pico". A  caralluda e punki portada foi feita por Mario Riviere (Screaming Mario Loco) guitarra e voceras dos (lamentablemente) separados, Muletrain (impresionante grupo, os seus dous ultimos discos son auténticas obras de arte do hardcore-punk, faite un favor e escoitaos). Por certo eu vinos en directo teloneando a La Banda Trapera e ademais de ter un moi potente directo, son moi enrrollados, estiven falando con eles(máis ben dandolles a brasa)  nun estado certamente lamentable, e eles foron moi educados en todo momento.  Só dúas cousas máis: atención os solos e riffs de Tras na guitarra e as maravillas de dani a batería.

Jorge R.

Máis info:http://www.myspace.com/motociclon











Novo disco dos Kambotes en camiño

Publicado o 21 de fev. de 2011 por Rulo. en
0



Segundo nos informan os mesmos Kambotes, a banda pontevedresa de punk-rock xa empezou a pre-producción do seu novo disco coa intención de comezar a gravalo o 4 de marzo baixo a producción de Javier Abreu (sugarless, malos vicios, disidencia, boikot, raiba..etc). Este vai ser o carto traballo discográfico editado pola banda e o primeiro editado coa actual formación despois de tres anos ofrecendo concertos. Lembremos que ata a súa separación no ano 2004 editaron tres traballos, o mini "Traicionero popular", "Eutrapelia" e "Rumor cerebral", os tres producidos por Fernando Madina de Reincidentes. No 2008 deciden voltar coma Kambotes coa seguinte formación: Oscar ( gaita e voces), Jaime (guitarra), Javi (baixo), Tomas ( batería) e Carlos (guitarra). No seu novo traballo poderemos atopar títulos coma África, La noche desmán, Óxido ou Planeta perfecto. Namentres non saía ese novo traballo que agardamos ansiosos, poderedes velos descargando o vindeiro 5 de marzo en Goian(Pontevedra)

Máis info en: http://musikaze.com/kambotes







"Again & again", novo album de Sex Museum

Publicado o por Rulo. en ,
2


Os madrileños Sex Museum presentaran novo disco gravado e mesturado polo enxeñeiro de son inglés Barry Sage nos estudios Infinity de Madrid. A intención foi acadar un son coma o dos grandes grupos dos 70 e a masterización correu a cargo de John Golden en Ventura(Ca, USA). O disco chamarase "Again & again" e contera 11 cancións gravadas da forma máis rápida posible co obxetivo de achegar o son o máximo ó do seu directo, de gañar en espontaneidade e naturalidade por riba da perfección. O traballo será editado nunha edición limitada en vinilo branco e en digipack por Tritone records.

Teremos a sorte de que veñan a Galiza a presentar o disco, as datas serás as seguintes:






















SEX MUSEUMJueves, 28 Abril, 2011 - 21:00SantiagoSala Nasa
SEX MUSEUMViernes, 29 Abril, 2011 - 22:00VigoSala Infierno
SEX MUSEUMSábado, 30 Abril, 2011 - 22:00A CoruñaSala O Tunel

Máis info en: http://www.myspace.com/sexmuseum





Rockers go to hell

Publicado o 19 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

Presentanos Bicao dende a Coruña ós seus paisáns Rockers go to hell. Banda formada por xente que milita ou militou en bandas míticas da cidade herculina coma Mandrágoras, High Time, Thee Virus ou Ultracuerpos, e que forman  tamén en Meu ou Batusi.  Unha banda de auténtico e xenuino rock and roll, de ese que bebe directamente das fontes primixenias: country, blues, rockabilly...todo elo cun pequeno toque punk. Máis de dez anos levan reivindicando e versioneando o primixenio rock'n'roll,  Gene Vincent, Elvis, Eddie Cochran, Link Wray e outros clásicos soan da man destas cinco bestas pardas do rock'n'roll. Nas súas propias verbas: "Somos unha banda tributo ós grandes do Rockabilly, Country e 50's R&R". A formación actual é:  Oscar Caramés - Batería. Mikelini Martínez - Contrabaixo, Baixo. Kiko The Jams - Guitarra. Pepe Top Ten - Guitarra. Álvaro Dorda - Voz. Teñen tocado por toda Galiza e parte da península e segundo informa Bicao actualmente podedes velos todolos xoves no pub Garufa en A Coruña,  onde actuan coma banda residente.

Máis info e música en:   http://www.myspace.com/rockersgotohell













Tamén recordamos e presentamos a quen non os coñeza, os  Ultracuerpos,  banda que segundo  informa Bicao segue funcionando e que coido  ten a mesma formación que os Rockers go to hell. Ultracuerpos teñen editados tres discos de high-energy rock and roll, o ultimo deles, The awesome amazing sound of(título inspirado por The Psychedelic sound of the 13th floor elevators, un dos discos favoritos de Dorda o cantante  e tamén do que suscribe), editado no 2005 porEl Beasto, e amosando unha faciana menos punk e máis heteroxenea e rocanroleira. Teñen tocado por toda a península e agardamos que en breve voltemos a saber algo deles, namentres tendes tres magnificos discos cos que sumerxervos no maravilloso mundo do rock and roll!!

Se queredes facervos con algún vinilo, cd ou incluso unha camiseta deles: El Beasto Shop

Quedades cun dos temas mais bailables do seu ultimo disco:





Entrevista a Enrique Villarreal, "El drogas"

Publicado o por Rulo. en
0



Neste ligazon podedes ler unha interesante entrevista que lle fai a xente de manerasdevivir.com a El Drogas. Entre outras cousas, conta que leva cinco anos sen drogarse e sen beber alcol (haberá que buscarlle outro alias ou facendolle caso a lenda xa meteu o que outros en dúas vidas?), fala de Txarrena, do que está lendo , escoitando e conta algunha divertida anécdota, moi interesante todo .

Lagartija Nick: Novo disco e xira

Publicado o por Rulo. en ,
0



A camaleónica banda granadina Lagartija Nick, liderada por Antonio Arias e con traballos tan míticos ás súas costas coma "Omega"(con Enrique Morente) ou "Inercia", sen menospreciar dende logo "Hipnosis", "Val del Omar", "SU" ou "Lagartija Nick"(e conste que "Lo imprevisto" pareceme un discazo), anuncia novo traballo e xira que lamentablemente non pasará, coma xa ben sendo costume(agás a súa presenza no Cultura Quente 2009 que por riba perdinme por coincidir cun concerto meu) por Galiza.
Nada máis podemos dicir o respecto, xa que nada máis sabemos.

http://www.myspace.com/lagartijanick2010

Aquí tendes o videoclip do seu tema "Nuevo Harlem"(ten tirones pero é o que hai) pertencente o seu album de 1992 "Inercia". Imprescindible escoitalo se non o fixeches xa(o tema "Inercia" entre outros É sinxelamente K-RA-LLU-DO!!).







Aquí outro tema da banda incluido nesa obra mestra chamada "SU".





Tiro na testa- Kopa-turvo deiecesion

Publicado o 18 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

Novo traballo da banda de Donramiro(Lalín), presentado en formato digipack e na compaña dun gostoso DVD con videos de concertos, entrevistas e algún ensaio.

Dezasete temas que reparten caña a esgalla tanto musical coma letrísticamente, punk-rock con algúns toques mais rocanroleiros en temas coma "As carricantas e as formigas"  ou "Hansel e Gretel" . Coma curiosidade dicir que ollando para os títulos  da meirande parte das cancións lembrome do "Donde se habla" de La Polla Records, contendo case todas o nome dalgún animal, coma "O lobo e o marrau", "O burro e o doutro Bacterio", "A lebre mailo sapoconcho"...etc Baixan o pé do acelerador no comezo de "O pavo real e a gra" , o tema máis longo do disco con varios cambios moi ben traballados, onde amosan outro tipo de influenzas e solos guitarreiros incluso de corte blues. En "O traxe novo do emperador" sonan máis hardcore chegando a recordar incluso a System of a down nalguns aspectos do tema. Este tema ten dúas partes, soando na segunda moito máis tranquila e cun certo toque ska. Disco que gostara os amantes do punk-rock clásico e o rock urbano,  pero que mesturan con outras influenzas en varios temas que o fan máis interesante. Abundantes coros e retrousos para berrar puño en alto(nalgúns temas recordan a un grupo oi!),  para os que sigan a banda xa saben o que van atopar. O disco sona potente e nítido, batería de son seco e contundente ,  guitarras distorsionadas pero claras, voces e coros perfectamente audibles e algunha gaita soando por aí.

Jorge R.
Podes pedirllo directamente a eles en(8 €):    tironatesta@hotmail.com

http://www.myspace.com/tironatesta http://tironatesta.webcindario.com/





The Brosas: rock'n'roll duro e potente

Publicado o 17 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

Hoxe presentamosvos, para quen non os coñeza, a unha banda  que boura no norte de Galiza, concretamente en Burela. The Brosas formaronse no ano 2009 e neles militan os seguintes membros:   Paez (berros) Lorenzo (baixo) Bernardo (bateria) Rubén (guitarra).

Din estar influenzados por Motorhead, Nashville Pussy, Ac/Dc etc... Dende logo o ramalazo Motorhead notaselles e para ben. No seu myspace podedes degustar dous temas de rock and roll punkerizado potente e a gorxa, e todo elo cantado en galego. Agardamos que vos guste este entrante e que The Brosas nos obsequien con máis material o longo deste ano. Namentres tentarei facer unha entrevista con eles para saber máis desta  banda.

http://www.myspace.com/thebrosas





Por favor mátame: a historia oral do punk!

Publicado o por Rulo. en
0

"Por favor matame: la historia oral del punk" estrea o noso apartado adicado a literatura sobre temas musicais (ou non, xa se verá) que consideremos interesantes e dignos de reseñar nestas as túas páxinas. O libro foi escrito por Legs McNeil e Gillian MccAin. Legs McNeil foi redactor e co-fundador da revista "Punk" que logo daría nome o movemento musical e artístico que tod@s coñecedes e  realmente é o principal autor do libro en cuestión.  O libro consta de numerosos capítulos comezando a mediados dos anos 60 e achegate e sumerxete na xénese e explosión do punk. Por qué a historia oral? Sinxelamente por que o libro, na súa meirande parte,  consiste na transcripción ordeada de centos de entrevistas e declaracións dos seus protagonistas, coas súas contradicións e diversidade de opinións sobre algúns temas. Este orixinal formato é un dos seus puntos fortes a hora de darlle máis credibilidade e realismo o libro, a historia estancha contando quenes a viviron, quizais non foi así, pero iso é o que eles recordan ou queren contar. Membros de bandas coma The Ramones, Velvet Underground, Patti Smith, Iggy and the Stooges, Richard Hell, Dead Boys, Sex Pistols...etc acompañados por ocasionais fotografías, non moi abundantes, pero ben escollidas e interesantes(en blanco e negro todas). Aínda por riba sumalle que o libro é moi entretido de ler e engancha fácilmente, quizais o defecto sexa que está centrado case exclusivamente na escea de New York e London(e algo de Detroit), ou sexa mundo anglosaxón e punto.Por certo, noutra ocasión falaremos de We got the neutron bomb, a historia oral do punk da zona de L.A.(xa non son os mesmos autores). A edición actual ten alguns engadidos e tal, pero o mellor é que me deixe de palabrería e senón liches este libro empeces dende xa a poñerlle solución a ese problema que che impide entender moito mellor o punk coma movemento musical e social. Totalmente recomendado.
Para máis info ou para mercalo:
http://www.porfavormatame.com
Jorge R.

Motorhead- "The wörld is yours"

Publicado o 16 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

Novo traballo de Motorhead, o numero 20 na súa traxectoria. Acudindo fieis a súa cita cos seus fans, Lemmy e os seus secuaces entregan unha nova colección de temas coma veñen facendo aproximadamente cada dous anos dende fai máis de 30 anos. “The world is yours”(O mundo é voso), son 10 novos temas producidos por Cameron Webb, o produtor tamén dos seus antecesores(Kiss of death e Motorizer), o que garante un son potente e nítido, un disco que sona moi duro, aínda que algúns prefiramos o son maís suxo e directo dos seus primeiros discos. Motorhead non van sorprender a ninguén a estas alturas, nin de seguro queren facelo. Os fans buscamos neles iso que tan ben saben facer, rock'n'roll duro e potente. O mesmo que levan facendo dende os seus comezos, sen nunca entregar un disco malo. Poden sonar mais heavies, mais punks, mais thrash ou máis hard-rockeiros, pero ese son de baixo e a voz cazalleira de Lemmy son inconfundibles. Neste caso entregan un disco máis rocanroleiro e máis contido en canto a velocidade que os seus ultimos lanzamentos(só un pouco menos de velocidade iso si), con dúas pezas herdeiras directas de Chuck Berry e compaña coma son “Rock and roll music” e “Bye, bye bitch”, dous dos mellores temas do disco o meu parecer. O primeiro single “Get back in line” e tamén un moi bó tema o igual que o que abre o plástico “Born to loose”, con ese doble bombo arrasa-con-todo de Mikkey Dee. Tamén destaca ese tema escuro na mellor tradición de “Orgasmatron” que é “Brotherhood of man” é “Outlaw”, outro tema no que Mikkey Dee atronanos co seu doble bombo e que ten un pegadizo retrouso cunha parte central acelerada na que Phil Campbell lucese a gusto na guitarra solista. Un Phil Campbell por certo moi acertado na súa labor tanto solista coma rítmica o longo de todo o album. O disco podese atopar en cd, digipack e xaora, en Lp cunha bonita carpeta despregable-que é o que teño eu-. Edita o seu propio selo Motorhead Music e voltamos estar de sorte, por que despois de atronarnos este verán en Vigo, voltaran a Galiza a presentar este novo disco na compaña de Judas priest, na súa xira de despedida dos grandes tours, e de Saxon: o 29 de xullo no Coliseum da Coruña. Bonita e clásica portada malia non estar deseñada por Joe Pentagno. Moi bó disco, faite con el!!

Jorge R.

http://www.imotorhead.com/





O xardín sonoro voltara a gravar

Publicado o por Rulo. en
0

Os reunidos Soungarden anuncian a través da súa web que están a traballar en novas cancións que se converteran nun novo disco. Deseguido o comunicado o completo:

"A nosa meta para o 2011- fagamos un disco. Nos derradeiros meses estivemos ocupados ensaiando, compoñendo e estando xuntos- explorando o aspecto creativo de ser Soundgarden. Senta caralludo. Temos algunhas cancións guais que imos gravar pronto. Grazas a todos polo apoio!"

Aquí tendes o videoclip do tema inédito que aparece no seu recente recopilatorio "Telephantasm".





"Violentos anos dez", o novo de Ataque Escampe

Publicado o por Rulo. en
0

Segundo informan eles mesmos no seu blogue, o novo disco de Ataque Escampe levará por título "Violentos anos dez". Moi interesante o que teñen que dicir o respecto do título e outros asuntiños. Se queres velos estarán maña no Percebe Son as 18:15 horas ofrecendo un concerto acústico no IES Audiovisual de Vigo.







http://percebeson.wordpress.com
http://www.myspace.com/ataquescampe

Concerto de Jabón Blue.

Publicado o 15 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

Co galo da presentación da campaña LIBRE, estarán os Jabon Blue de Javi Maneiro o día 24 de febreiro na Sala Capitol(Compostela), a partires das 23:00 h. A entrada é libre con invitación a recoller en A Reixa Tenda.

Máis info en: http://www.myspace.com/jabonblue

0

Lemmy protagonista do novo videoclip de Foo Fighters

Publicado o 14 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

Aquí tendes o novo videoclip de Foo Fighters adianto do que será o seu novo traballo que se pora a venda o vindeiro 12 de abril. O protagonista do clip e o mítico Lemmy Kilmister, líder de Motorhead. A verdade que o tema sona moi ben! Deseguido tendes a anterior colaboración de Dave Grohl e Lemmy no tema "Shake your blood" do disco de metal que baixo o nome de Probot editara no 2004 Grohl.













"Con Q sin U", primeiro traballo de Deseqilibrio Mental

Publicado o por Rulo. en
0

A partir do 1 de Febreiro estará á venda o primeiro traballo de Deseqilibrio Mental, "Con Q sin U" (Lobicán Records), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son durante 2009 e 2010. O grupo parte do rock/ metal en galego para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, realizando unha protesta e intentando chegar á xente coa súa ...música.
A grabación conta coa colaboración de músicos de bandas punteiras do rock galego coma Ruxe-Ruxe, Astarot, MedoMedá, Invivo, Machina, Indana ou Zenzar.

O disco ten un prezo de 10€ e podedes atopalo en Compostela en:

- Discos Gong
- Pub O Trasgo
- La Taquilla Bar
- Bar A Medusa
- A Gentalha do Pichel

Proximamente na rede en varios medios dixitais como Toupa.net, i-Tunes e Spotify.

E por suposto se falades con calquera de nós tamén arranxamos unhas copias!

Ademáis podedes pegarlle unha escoita no myspace a catro pezas do disco novo (http://www.myspace.com/deseqilibriomental)

E Aquí temos as primeiras fechas de presentación do traballo!

18 de Febreiro - Festival de Música de Catoira
19 de Febreiro - Pub TNT Poney Pisador (Compostela)
11 de Marzo - Sala Nasa (+Kertuler) presentación Oficial!
26 de Marzo - Pub Gatos (Melide)

http://deseqilibrio-mental.blogspot.com/

Reincidentes

Publicado o 12 de fev. de 2011 por Rulo. en
0

-Reincidentes. Sala O Túnel(A Coruña). Sábado 2 de abril, 22:00 h. 15 € Ant./20 € Taq.

Xa está a venda Azulejo frío, de Txarrena

Publicado o por Rulo. en
0

Txrrena, o grupo paralelo de Enrique Villarreal Armendariz, mais coñecido coma "el Drogas"(baixista de Barricada) esperta do seu letargo despois de case vinte anos e aproveitando o descanso de Barricada despois de finalizar a presentación do seu exitoso "La tierra está sorda", saca un novo traballo "Azulejo frío". Aquí podedes ver o videoclip de presentación do mesmo.







Máis info en: http://www.txarrena.com e en http://www.myspace.com/txarrena

Novo disco de Reincidentes, Tiempos de ira.

Publicado o por Rulo. en ,
0

O grupo andaluz Reincidentes ten dende fai uns días novo disco a venda, chamase Tiempos de ira , consta de 16 temas e esta editado por maldito records . Agardamos reseñalo en profundidade nuns días. Podes mercalo na web en www.eltridente.es. Recordade que estarán presentandoo en directo en Galiza o 2 de abril na Sala O Tunel na Coruña.

Deseguido podedes escoitar o segundo tema do disco:







Máis info en: http://www.reincidentes-sca.es/

http://www.myspace.com/reincidentesmusic

Pito de Pikasso gravando o seu novo traballo!

Publicado o por Rulo. en
0

Os composteláns Pito de Pikasso están gravando o que será o seu segundo traballo longo despois da boa acollida do seu primeiro disco. Aquí podedes escoitar un adianto deste segundo disco:







E se queres descargar o seu primeiro traballo:

http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com/2010/01/pito-de-pikasso-kraksh-2009.html



Máis info en: www.myspace.com/pitodepikasso

Presentasmosvos a Srasrsra dende A Coruña punk-glam-trash!

Publicado o por Rulo. en
0







Isto é o que nos ofrecen este dúo coruñes, cancións minimalistas e aceleradas de curta duración. O bó se curto...xa sabes!!

Se queredes profundizar mais nesta banda pasadevos por http://srasrsra.bandcamp.com dende onde poderedes descargar dous traballos destes rapaces. Tamén podedes velos ao vivo, onde parece que perden ese toque glam-trash que amosan no videoclip(na mellor tradición New York Dolls) para gañar en potencia.Nos xa te avisamos!!





The Black Angels- Phosphene dream

Publicado o por Rulo. en
0







Velaquí o novo traballo de The Black Angels, Phosphene dream. Para mín este é o mellor disco dos tres que teñen. Aquí está ese inmenso River of blood entre outros, un tema con moito gancho e é moi fácil de escoitar. O grupo segue facendo gala dun rock psicodélico altamente influenzado polos seus paisanos de 13th floor elevators , pero  soando con persoalidade non coma unha mera copia nin moito menos. Tamén teñen ramalazos mais punk en algúns temas pero o que se atopa na súa meirande parte e rock psicodélico de altísima calidade, coa particularidade(que xa tiñan 13th floor elevators) de que estamos falando de temas non excesivamente longos e que fuxen dos cuelgues instrumentais, ou sexa que non teñen nada que ver coa psicodelia tipo stoner. Dez temas sen desperdicio para un disco que recupera as sonoridades psicodélicas de finais dos 60 de xeito moi acertado e que conta con temas tan salientables coma River of blood, Bad Vibrations ou Entrance song(sen esquecernos do single Telephone). As letras divertidas e psicodélicas, xaora, e se mercas o vinilo ten unha presentación de luxo , incluindo unha especie de libro coas letras. Faite con él!

http://www.theblackangels.com/

www.myspace.com/theblackangels

Danzig- Deth red sabaoth

Publicado o por Rulo. en
0