Novo traballo da banda de Donramiro(Lalín), presentado en formato digipack e na compaña dun gostoso DVD con videos de concertos, entrevistas e algún ensaio.
Dezasete temas que reparten caña a esgalla tanto musical coma letrísticamente, punk-rock con algúns toques mais rocanroleiros en temas coma "As carricantas e as formigas" ou "Hansel e Gretel" . Coma curiosidade dicir que ollando para os títulos da meirande parte das cancións lembrome do "Donde se habla" de La Polla Records, contendo case todas o nome dalgún animal, coma "O lobo e o marrau", "O burro e o doutro Bacterio", "A lebre mailo sapoconcho"...etc Baixan o pé do acelerador no comezo de "O pavo real e a gra" , o tema máis longo do disco con varios cambios moi ben traballados, onde amosan outro tipo de influenzas e solos guitarreiros incluso de corte blues. En "O traxe novo do emperador" sonan máis hardcore chegando a recordar incluso a System of a down nalguns aspectos do tema. Este tema ten dúas partes, soando na segunda moito máis tranquila e cun certo toque ska. Disco que gostara os amantes do punk-rock clásico e o rock urbano, pero que mesturan con outras influenzas en varios temas que o fan máis interesante. Abundantes coros e retrousos para berrar puño en alto(nalgúns temas recordan a un grupo oi!), para os que sigan a banda xa saben o que van atopar. O disco sona potente e nítido, batería de son seco e contundente , guitarras distorsionadas pero claras, voces e coros perfectamente audibles e algunha gaita soando por aí.
Jorge R.
Podes pedirllo directamente a eles en(8 €): tironatesta@hotmail.com
http://www.myspace.com/tironatesta http://tironatesta.webcindario.com/
0
0 comentários: