Entrevista con FORRAJE

Publicado o 9 de mar. de 2011 por Rulo. en
0

Tiñamos gañas de facer entrevistas, e eiquí estamos. A primeira? Vai por un dos mellores grupos de rock urbano da nosa terra (con todo o noso respeto para Los Suaves). Hoxe temos a Forraje. Moi semellante ao rock dos Marea ou de Barricada, pero feitos por galegos.

Sen máis, deixámosvos coa entrevista.





- En 2009 chegou o voso último disco, "Retales de vino y luna". Para cando teremos o próximo?


A idea é telo listo antes de que remate o ano, pero nunca se sabe, estas cousas sempre levan atraso...

- Vai seguir a mesma liña que os anteriores ou ides buscar novos estilos?

Sempre buscas superarte e engadir novos matices. Do noso primeiro disco a este hai unha evolución máis que notable. Somos conscientes de que con "Retales de Vino y Luna" deixamos o listón bastante alto, pero estamos a traballar para sacar un disco que estea como mínimo á altura. Se non o cremos así, o disco non sairá.

- Fostes teloneros de Marea, e incluso o seu cantante, Kutxi, elexiu o nome de 'Forraje' para o grupo... Moita colaboración, non?

Somos moi amigos. Tanto Kutxi coma o resto da banda axudáronnos moito e déronnos moitos consellos cando empezabamos a facernos un oco no panorama nacional roqueiro, de feito, o noso primeiro disco foi producido por Kolibrí Díaz, guitarra e produtor de Marea. Houbo conexión dende o primeiro momento, Kutxi colabora en dous dos nosos discos e nun videoclip; eu colaboro cantando "Corazón de mimbre" nun DVD de Marea que sacaron con "Las aceras están llenas de piojos"... hai unha conexión Pobra - Berriozar acojonante. De feito xa se pasou medio Berriozar pola miña casa, de vacacións, e hai pouco, fóronse os Desalojo (compañeiros e veciños) a gravar a Iruña e acolléronos coma se fosen da familia.

- Qué lles pasa aos medios de comunicación que non poñen nunca unha canción de Extremoduro, Marea, Barricada, Los Suaves...? Está o rock a morrer?

Que va, está máis vivo que nunca, só que non sae nos medios de comunicación maioritarios, só nos medios especializados. A Extremoduro aínda podes velos de cando en vez pola tele cando van sacar un disco, porque son xente que vende moito e ás discográficas lles interesa, ou Mago de Oz... pero destes últimos non opino... A cousa está clara, se queres saír, a túa discográfica ten que apoquinar.

- E podedes vivir da música, ou tendes traballos aparte?

De momento todos traballamos noutras cousas. Cando ves a un grupo de rock que pega un pelotazo é porque xa leva moito traballo ás súas costas. Moita furgoneta, moito garito... Non se fai da noite á mañá a custa de pagarlle unha pasta os 40 principais. Currase dende abaixo, e vas a Madrid e a primeira vez tocas para 50 persoas, a segunda para 150, a terceira para 300... pouco a pouco. Cando de súpeto escoitas que un grupo de rock como por exemplo Marea está a encher estadios, é porque antes comeron merda e furgoneta, como todos. Unha vez que estás arriba é cando tes o apoio das discográficas. aí é cando soltan a pasta, cando xa non a necesitas

- En termos políticos, a política axuda aos grupos galegos que comezan?

Agora mesmo? Estás de coña?

- Era unha pregunta estúpida, seino. En fin, centrémonos en Forraje... para cando habera concertos en Galiza?

Pois igual que no resto de España. Estamos a compoñer. Se sae un "bolo" interesante, farémolo. Se non, esperaremos a que saia o próximo disco para presentalo por salas de todo o Estado.

- Se tendes a oportunidade de facer as américas, iríades?

Si. Séguenos bastante xente en Arxentina, Chile, Colombia, México... Esa é unha das cousas boas que ten internet, os nosos discos non foron editados alí pero a xente os descarga e están continuamente pedíndonos que vaiamos. Cando poidamos ir en condicións, farémolo.

- Por último, imos co último tema. No espazo rockeiro galego, poderías recomendarnos algunha banda que che guste?

Pois si. Desalojo. Acaban de sacar disco e está tremendo. Logo como estou a vivir en Santiago vin un par de cantautores en garitos que me encantaron. Un é Narf, e outro Andrés Suárez.

- Despedímonos de vós. Se queredes engadir algo...

Si, atentos a www.forraje.com pronto haberá novidades

0 comentários: