Os Royalties- Sen volta atrás

Publicado o 9 de mar. de 2011 por RockIsomE. en
0


Primeiro disco longo dos composteláns Royalties despois de dúas maketas ou CD-Ep’s. Baixo o título de “Sen volta atrás”, editan en formato CD dez temas de auténtico e suoroso punk rock & roll. Recordanme o que facían Motorhead nos seus primeiros discos, os de “Fast” Eddie Clarke, os mellores para min, ou tamén os Gluecifer en menor medida. Eles declaran coma influenzas Motorhead, Gluecifer, AC/DC, Stooges, Little Richard…etc.O disco está gravado en Aboryginal Records(Cedeira) e soa moi moi ben. Son natural e auténtico 100%. Comeza o ataque sonoro con “Predicador blues” un tema que deixa claro que Royalties veñen dispostos a arrasar con todo a ritmo de rock and roll acelerado e sen intención de facer prisioneiros. En “Bipolar” soa unha armónica que lle da un aire anello caralludo o tema sen perder contundencia. En “I want your love” soan máis clásicos, con utilización de ventos e órgano, e uns coros moi glam and roll. Recuperan a velocidade cun temazo coma “On the rocks” cuns estupendos coros que semellan feitos polo mesmo Dee Dee. Podería seguir falando de todos os temas por que todos están moi logrados, aínda que eu teño meus favoritos claro. Pechan coa instrumental “Vaca” un tema lento, con ventos, e aires soul, moi lounge. En definitiva un disco moi recomendable se coma min gostas do punk and roll acelerado e a vea, ou sinxelamente gostas do rock and roll. Recomendoche que te fagas co disco se queres que as bandas continuen gravando, pero podes escoitalo e descargalo aquí. Moi guapo o guiño da portada ao Ace of spades de Motorhead, por certo.

Rockisome

Máis info: http://www.myspace.com/osroyalties

0 comentários: