Mostrando postagens com marcador Descargas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Descargas. Mostrar todas as postagens

No means no -Sala Live (Madrid) 16/04/2011

Publicado o 17 de mai. de 2011 por RockIsomE. en ,
0




Os irmáns Wright andan de xira por Europa para presentar os seus dous últimos ep's editados o ano pasado, e planearon varias datas na península. Unha delas foi na Sala Live de Madrid.

As 21:30 subiron ao escenario e comezaron con temas novos dos xa citados “Faceless may/old” e“Tour Ep2”. Quizais o tema mais destacado desta ultima etapa e que mais gustou ao vivo foi “Jubilation”. A banda soa moi potente, cos seus típicos ritmos que van dende o mais doce ao mais hardcore no mesmo tema, e cun son cheo de matices que incluso ten algo de jazz.

Mais de 30 anos na estrada non amansaron a estas feras, atacan con “Teresa (Gimme that knife)”, e comezaron os primeiros pogos. Semellan maiores, pero seguen na mesma liña de antano.

Temas dos seus tempos en Alternative Tentacles tamén soan, “Brother rat” por exemplo, acada un punto moi chulo ao vivo. Outro tema que o petou é “It's catching up” seguida de “Oh Bruno” ambalas dúas do seu disco “Wrong”. Denantes de dar por rematado o espectáculo tocan “The river”, un tema do seu album “Why do they call me Mr. Happy?”.

Bótanse de menos algunhas cancións, especialmente de “Sex mad” ou “0+2=1”, pero está claro que non poden contentar a todos e cada un da reducida audiencia que se presentou en Carabanchel para ver os canadianos, case media entrada.

O son pareceume do mellor que teño oído nesa sala. Da iluminación non podo dicir o mesmo, non a había. Uns focos de luz branca inundaban o escenario sen ningún tipo de efecto ou luz de color. Pareceume un pouco estraño.

Namentres eles mesmos recollen as súas cousas, o público termina as súas cervexas e acode ao posto de merchandising na procura de camisolas e discos de difícil adquisición por aquí, entre eles os dous ep's que só venden nos seus concertos. Un directo para lembrar con agarimo.



Texto e fotos: Raúl Gómez(http://www.itsalive.es/)

Tradución: Rockisome

Sex Museum/ Samesugas- Sala Nasa, Compostela (28-04-2011)

Publicado o 5 de mai. de 2011 por RockIsomE. en , ,
0

Despois de editar o seu fantástico ultimo traballo(Again & again, podedes atopar a crítica neste mesmo blogue) tocaba presentalo ao vivo, e nós tivemos a sorte de que Galiza entrara dentro das lugares escollidas para ese mester, inmellorablemente acompañados polos Samesugas, a piques de sacar novo traballo.

Abriron as hostilidades Samesugas, cun son potente e nítido e o seu baixista, Alberte, sen parar nin un momento, amosando o que de verdade é actitude e entrega. Repasaron a súa discografía e presentaron un moi interesante tema novo, abrindo unha liña melódica menos habitual no seu son. Moi bó concerto dos composteláns, tan só botei de menos algún dos seus míticos temas en galego(Non vou perder...), xa que só tocaron temas na língua de Shaeskpearre.

Con Sex Museum decotío teño un problema, vinnos moitas veces, e nunca me convence o seu setlist, ou sexa non tocan temas que para mín son básicos na súa discografía. Esta vez foi diferente no tocante ao seu ultimo traballo discográfico, tocaron todos os que eu quería escoitar do mesmo(por min coma se o tocan enteiro, que é moi bó o seu ultimo disco, pero os que mais me chegan, quero dicir, tocaronnos). Comezaron con "Again & again", cumio da psicodelia garaxeira, unha auténtica xema de canción,despois foron caendo temazos coma "Seven days" mesturados con temas doutros traballos discográficos coma "Landlords". Do seu ultimo traballo creo que tocaron catro ou cinco, o único que coma sempre, non tocaron clasicazos dos seus primeiros traballos (centranse nos seus traballos dos ultimos dez anos). En todo caso, soaron moi potentes, coa guitarra ao nivel do teclado(non por riba), coma no seu ultimo disco, cousa que me encanta. Perfecta interpretación, os irmáns Pardo estupendos , un a guitarra e outro as voces. A sección rítmica potente e avasalladora, e Marta reinando cos seus teclados e hammond. Mención especial para Miguel que estivo ademais de fantástico a voz, moi activo fisícamente, movendose continuamente co seu particular xeito, mestura de Chris Robinson, Iggy Pop e Mick Jagger. En definitiva, concertazo e que volvan pronto (os dous grupos).

Xa podes descargar de balde o novo traballo de Marxe Eskerda

Publicado o 4 de mar. de 2011 por Rulo. en
0



O grupo punk-rock de Redondela, Marxe Eskerda, pon a disposición de calquera que queira escoitalos o seu novo traballo, o segundo, titulado homonimamente (tamén podedes descargar a súa primeira gravación). No seu myspace tendes os ligazóns de descarga.

Once temas de furioso punk-rock e unha acústica "No conteis conmigo", cantados en galego e castelán. O disco tamén está editado en formato físico(Cd) e se queres facerte cunha copia contacta con marxeeskerda@gmail.com ou coa distribuidora galega Galizamúsica. O prezo do disco é de 5€.

O vindeiro sábado 19 de marzo estarán descargando na Fábrica de Chocolate (Vigo) xunto con Habeas Corpus.


Máis info: http://www.myspace.com/marxeeskerda