O Derrame Rock XVI pecha o seu cartel

Publicado o 11 de mar. de 2011 por Rulo. en
0

O cartel do Derrame rock Ourense 2011 xa está completamente pechado. Rogamos aos grupos que deixen de chamar e ofrecerse pois xa está pechado o tema de grupos ao 100%; os que non están a ver se logramos contar con eles para o próximo ano, dunha forma ou outra grazas a todos polo interese.

A data de hoxe están confirmadas 28 bandas e o vindeiro martes confirmaremos outros 4 grupos. O día 24 na festa presentación saberase 14 grupos máis, o cartel por días, prezos dos abonos, prezos das entradas por días, etc... En total, serán 42 grupos os que presentemos o día 24 aos que haberá que engadir os 11 que sairán dos distintos concursos e que farán un total de 53 bandas que serán as que estean no Derrame rock 2011. As entradas para os 3 días con cámping están á venda nos puntos habituais a 47 euros- ata o día 23 deste mes incluído- a partir do 24 deste mes pasasen a valer 55 euros gastos de distribución. Un saúdo a todos e vémonos en Ourense!

0 comentários: