Corcobado + Sr. Chinarro, Sala Kitchen (Madrid)
Publicado o 12 de mar. de 2011 por RockIsomE. en Concertos
A sala Rock Kitchen encheuse o venres so ata a metade, semella raro, tendo en conta que a aposta era dobre. Por unha banda Antonio Luque(de aquí en diante Sr. Chinarro) presentando en acústico algún dos temas que incluirá o seu novo álbum, previsto para abril e por outra Corcobado co seus versos de amor/desamor.
Apareceu, en primeiro termo sentado, e armado unicamente coa súa guitarra e voz, Sr. Chinarro, descargando o seu repertorio durante preto dunha hora. Pareceume un concerto moi íntimo; coma cando un colega saca a guitarra e os seus amigos séntanse o seu arredor para escoitalo. A diferenza era que a solvencia deste musico esta mais que comprobada, a do colega remata aburrindo as poucas cancións.
Pola outra banda a iso das dez, saíu o escenario a banda que acompaña a Corcobado nas súas aventuras mais eléctricas, Susana Cáncer, Fino Onoyarte(quen fose o baixista de Los Enemigos entre outros proxectos) Jesus Alonso e Juan Marina. Comezou o concerto con “Desde tu herida”. A partires de aí sucedéronse cancións de amor e morte, e tamén de vida. As veces amargo, outras triste e en ocasións tamén se lle escapaba un sorriso. Este músico/poeta e quen de espertar a túa faciana máis doce ou a máis salvaxe, só cun par dos seus versos. A meirande parte dos temas do repertorio pertenceron ao seu derradeiro disco, “A nadie”, aínda que non se esqueceu de “Corcobator”, en “Coches de choque”. Tamén houbo espazo para temas doutras bandas, xa que parece que o seu seguinte ataque vai ser un CD de versións. Pareceume que os mellores momentos do concerto foron cara o final, con temas como “A nadie” e “Caballitos de anís”. Apagáronse as luces e volveron con Sr. Chinarro para tocar”Por que estoy tan triste?”, acendéronse as luces e saímos cun bo sabor de boca pero con ganas de mais.
Texto e foto: Raúl Gómez
Tradución: Jorge R.(Rockisome)
Se queres ver máis fotos deste concerto( e doutros), visita a web do fotografo http://www.itsalive.es/
Máis info: http://www.myspace.com/corcobado http://www.myspace.com/srchinarro