"Por favor matame: la historia oral del punk" estrea o noso apartado adicado a literatura sobre temas musicais (ou non, xa se verá) que consideremos interesantes e dignos de reseñar nestas as túas páxinas. O libro foi escrito por Legs McNeil e Gillian MccAin. Legs McNeil foi redactor e co-fundador da revista "Punk" que logo daría nome o movemento musical e artístico que tod@s coñecedes e realmente é o principal autor do libro en cuestión. O libro consta de numerosos capítulos comezando a mediados dos anos 60 e achegate e sumerxete na xénese e explosión do punk. Por qué a historia oral? Sinxelamente por que o libro, na súa meirande parte, consiste na transcripción ordeada de centos de entrevistas e declaracións dos seus protagonistas, coas súas contradicións e diversidade de opinións sobre algúns temas. Este orixinal formato é un dos seus puntos fortes a hora de darlle máis credibilidade e realismo o libro, a historia estancha contando quenes a viviron, quizais non foi así, pero iso é o que eles recordan ou queren contar. Membros de bandas coma The Ramones, Velvet Underground, Patti Smith, Iggy and the Stooges, Richard Hell, Dead Boys, Sex Pistols...etc acompañados por ocasionais fotografías, non moi abundantes, pero ben escollidas e interesantes(en blanco e negro todas). Aínda por riba sumalle que o libro é moi entretido de ler e engancha fácilmente, quizais o defecto sexa que está centrado case exclusivamente na escea de New York e London(e algo de Detroit), ou sexa mundo anglosaxón e punto.Por certo, noutra ocasión falaremos de We got the neutron bomb, a historia oral do punk da zona de L.A.(xa non son os mesmos autores). A edición actual ten alguns engadidos e tal, pero o mellor é que me deixe de palabrería e senón liches este libro empeces dende xa a poñerlle solución a ese problema que che impide entender moito mellor o punk coma movemento musical e social. Totalmente recomendado.
Para máis info ou para mercalo:
http://www.porfavormatame.com
Jorge R.
0
0 comentários: