Novo traballo de Motorhead, o numero 20 na súa traxectoria. Acudindo fieis a súa cita cos seus fans, Lemmy e os seus secuaces entregan unha nova colección de temas coma veñen facendo aproximadamente cada dous anos dende fai máis de 30 anos. “The world is yours”(O mundo é voso), son 10 novos temas producidos por Cameron Webb, o produtor tamén dos seus antecesores(Kiss of death e Motorizer), o que garante un son potente e nítido, un disco que sona moi duro, aínda que algúns prefiramos o son maís suxo e directo dos seus primeiros discos. Motorhead non van sorprender a ninguén a estas alturas, nin de seguro queren facelo. Os fans buscamos neles iso que tan ben saben facer, rock'n'roll duro e potente. O mesmo que levan facendo dende os seus comezos, sen nunca entregar un disco malo. Poden sonar mais heavies, mais punks, mais thrash ou máis hard-rockeiros, pero ese son de baixo e a voz cazalleira de Lemmy son inconfundibles. Neste caso entregan un disco máis rocanroleiro e máis contido en canto a velocidade que os seus ultimos lanzamentos(só un pouco menos de velocidade iso si), con dúas pezas herdeiras directas de Chuck Berry e compaña coma son “Rock and roll music” e “Bye, bye bitch”, dous dos mellores temas do disco o meu parecer. O primeiro single “Get back in line” e tamén un moi bó tema o igual que o que abre o plástico “Born to loose”, con ese doble bombo arrasa-con-todo de Mikkey Dee. Tamén destaca ese tema escuro na mellor tradición de “Orgasmatron” que é “Brotherhood of man” é “Outlaw”, outro tema no que Mikkey Dee atronanos co seu doble bombo e que ten un pegadizo retrouso cunha parte central acelerada na que Phil Campbell lucese a gusto na guitarra solista. Un Phil Campbell por certo moi acertado na súa labor tanto solista coma rítmica o longo de todo o album. O disco podese atopar en cd, digipack e xaora, en Lp cunha bonita carpeta despregable-que é o que teño eu-. Edita o seu propio selo Motorhead Music e voltamos estar de sorte, por que despois de atronarnos este verán en Vigo, voltaran a Galiza a presentar este novo disco na compaña de Judas priest, na súa xira de despedida dos grandes tours, e de Saxon: o 29 de xullo no Coliseum da Coruña. Bonita e clásica portada malia non estar deseñada por Joe Pentagno. Moi bó disco, faite con el!!
Jorge R.
http://www.imotorhead.com/
0
0 comentários: