Concerto de Imperial State Electric, o 3 de marzo na Sala O Túnel (A Coruña)

Publicado o 24 de fev. de 2011 por Rulo. en
0



Se vos pido o nome dun personaxe que sexa sinónimo de rock no seu máis amplo senso, seguro que pensades en Lemmy ou en Iggy Pop... Se engado que ten menos de 40 anos, xa vos empezo a poñer en problemas e deixovos con moi poucas opcións de resposta ... E se para rematar, vos digo que é sueco, que tanto toca death metal coma rock and roll clásico, que toca a guitarra a batería e canta... xa debedes telo moi claro, por que só hai unha resposta posible: Nicke Andersson alias Nick Royale.

Músico e productor, ex-batería de Entombed, ex-guitarra e ex-cantante de The Hellacopters, actualmente batería en bandas de estilos tan diferentes coma Death Breath(old school death metal) ou The Solution(Soul, R&B), colaborador nunha chea de proxectos... a todo esto engadelle que dirixe o seu propio selo discográfico, Psychout Records, e que na meirande parte das bandas as que pertence é o principal compositor.... Ben, pois este home presenta, despois da disolución da banda que o fixo célebre(The Hellacopters), o primeiro disco do seu novo grupo: Imperial State Electric chamase tanto a banda coma o disco que editaron en marzo do ano pasado. En formación de cuarteto, ocupandose el da guitarra e voz e contando co apoio no disco de Dregen(Backyard Babies, ex-Hellacopters..etc) entre outros , e en directo co baixista de The Datsuns o guitarrista Tobias Egge e o batería Thomas Eriksson.

Segue nesta nova banda a estela dos ultimos traballos discográficos de The Hellacopters, pero nunha onda máis Kiss(os que telonearon na súa ultima xira polo estado) ou Cheap Trick e cun toque máis pop nalgunhas melodías que poden chegar a ter un aire sesentas nalguns casos. Isto non quita para que tamén lle saiban arrear o hard rock coma os que máis. Entón temos un disco con temas hard rockeiros, melódicos, vitalistas e moi moi adictivos. Todo iso poderedes comprobalo o vindeiro día 3 de marzo na Sala O Tunel de A Coruña.

De teloneiros estarán os italianos Small Jackets, grupo moi influenciado por MC5, AC/DC, Led Zeppelin ou The Hellacopters.As entradas teñen un prezo de 17 € anticipada e 20 € en taquilla. Coma curiosidade, o día 9 de abril tocaran nesta mesma sala, Entombed, a ex-banda de Nick. Na sección de concertos podedes ver o calendario de actuacións na Sala O Túnel para os dous vindeiros meses.

Máis info en : http://www.myspace.com/imperialstateelectric http://www.myspace.com/salaotunel





0 comentários: