'Agora sí...! Despois igual non (imolo vendo)', o novo de Esquios

Publicado o 22 de fev. de 2011 por Rulo. en
0



"Agora si!!...despois igual non(imolo vendo)" é o título do que será o novo traballo de Esquíos(dos que formo parte, por certo). Despois de dous discos gravados por min mesmo no noso local, voltamos a poñernos nas máns dun profesional que neste caso será o gran Arturo Vaquero, responsable da masterización do vindeiro traballo de Ultraqans(e de centos de traballos máis) e co que fixen, hai máis de dez anos, a que foi a derradeira gravación de Micropuntos, a banda na que tocaba eu daquela(dende aquí podedes descargar esa gravación). Serán 12 temas nos que a tónica xeral é un incremento da velocidade e da contundencia, alonxandonos un pouco da nosa etapa mais garaxeira, achegandonos a un son menos suxo e contendo algún tema máis experimental dentro dos nosos parámetros(xa vos adianto que non habera nin lambada nin reggaeton). Aí podedes ver o deseño de portada provisional, que ten visos de pasar a ser definitivo. O disco gravarase, mesturarase e masterizarase durante 4 días de finais do mes de abril, polo que poida que saia a finais de maio. Se queredes a miña opinión, este vai ser o mellor disco que gravamos , por que nel van ir os mellores temas que xamais tocamos, pero coma son membro do grupo e ademais eu compoño os temas, xa veredes vós a credibilidade que lle dades as miñas verbas. A partires de maio agardamos comezar a tocar de novo ao vivo, xa que para quen non o saiba, actualmente estamos parados debido a unha operación de xeonllo do noso batería. E xa que estamos, aínda queda algunha copia en vinilo do "Galician carraxe on garaxe", se a queredes podedes pedila a esquios@esquios.com, ou mercala en Santiago, en Discoprecio ou na Reixa Tenda.

Máis info en: http://www.esquios.com











0 comentários: