Presentanos Bicao dende a Coruña ós seus paisáns Rockers go to hell. Banda formada por xente que milita ou militou en bandas míticas da cidade herculina coma Mandrágoras, High Time, Thee Virus ou Ultracuerpos, e que forman tamén en Meu ou Batusi. Unha banda de auténtico e xenuino rock and roll, de ese que bebe directamente das fontes primixenias: country, blues, rockabilly...todo elo cun pequeno toque punk. Máis de dez anos levan reivindicando e versioneando o primixenio rock'n'roll, Gene Vincent, Elvis, Eddie Cochran, Link Wray e outros clásicos soan da man destas cinco bestas pardas do rock'n'roll. Nas súas propias verbas: "Somos unha banda tributo ós grandes do Rockabilly, Country e 50's R&R". A formación actual é: Oscar Caramés - Batería. Mikelini Martínez - Contrabaixo, Baixo. Kiko The Jams - Guitarra. Pepe Top Ten - Guitarra. Álvaro Dorda - Voz. Teñen tocado por toda Galiza e parte da península e segundo informa Bicao actualmente podedes velos todolos xoves no pub Garufa en A Coruña, onde actuan coma banda residente.
Máis info e música en: http://www.myspace.com/rockersgotohell
Tamén recordamos e presentamos a quen non os coñeza, os Ultracuerpos, banda que segundo informa Bicao segue funcionando e que coido ten a mesma formación que os Rockers go to hell. Ultracuerpos teñen editados tres discos de high-energy rock and roll, o ultimo deles, The awesome amazing sound of(título inspirado por The Psychedelic sound of the 13th floor elevators, un dos discos favoritos de Dorda o cantante e tamén do que suscribe), editado no 2005 porEl Beasto, e amosando unha faciana menos punk e máis heteroxenea e rocanroleira. Teñen tocado por toda a península e agardamos que en breve voltemos a saber algo deles, namentres tendes tres magnificos discos cos que sumerxervos no maravilloso mundo do rock and roll!!
Se queredes facervos con algún vinilo, cd ou incluso unha camiseta deles: El Beasto Shop
Quedades cun dos temas mais bailables do seu ultimo disco:
0
0 comentários: