Teño entre as miñas máns o terceiro vinilo editado por estas catro bestas do jebi-punk máis aguerrido, falo dos madrileños Motociclón e do seu novo traballo discográfico, "Gentuza". O vinilo está editado(o cd editao Maldito records), o mesmo cos dous anteriores, por Beat Generation que ven sendo un subselo de Munster Records, ou sexa que se vos queredes facer con el, cousa que vos recomendo, podedes mercalo o mellor prezo por exemplo aquí . Dez temas redondos coma dous soles é o que podemos atopar neste novo lanzamento. Algo máis de melodía(para un voceras coma Robertez), un pouco menos de macarrismo e quizais temas máis traballados, con bastantes cambios e instrumentalmente moi interesantes. En xeral soa menos punk que por exemplo o seu primeiro lanzamento(Himnos de extraradio), e segue máis a onda do anterior(Costras y tachuelas), coidado que soar menos punk non significa que perderan gancho nin forza nin moito menos. En canto os temas a verdade é que todos están moi ben pero destacaría "Poblao calé on fire", "Domingo katackroker" cun xenial e pegadizo retrouso, a acelerada por momentos e con riff herdado de Motorhead "Los listos", a fenomenal "La explotagüebos" cun orixinal riff a cargo de Tras e cunha letra moi cachonda...e podería seguir pero só vou destacar dous temas máis: a balada "Comiendote el ojal en un 127 abandonao", unha power-ballad heavy en toda regra, musicalmente moi boa, cunhas melodía acertadisimas e cunha letra escacharrante. A outra é a que pecha o traballo a acelerada "La canción de relleno", un tema de corta duración cunha introducción que persoalmente encantame, tratase dun hilarante diálogo sacado da película dos Monty Python "Os cabaleiros da tabla cuadrada", o igual que fixeron no primeiro traballo con introduccións sacadas da película americana " The warriors" ou no anterior de "El pico". A caralluda e punki portada foi feita por Mario Riviere (Screaming Mario Loco) guitarra e voceras dos (lamentablemente) separados, Muletrain (impresionante grupo, os seus dous ultimos discos son auténticas obras de arte do hardcore-punk, faite un favor e escoitaos). Por certo eu vinos en directo teloneando a La Banda Trapera e ademais de ter un moi potente directo, son moi enrrollados, estiven falando con eles(máis ben dandolles a brasa) nun estado certamente lamentable, e eles foron moi educados en todo momento. Só dúas cousas máis: atención os solos e riffs de Tras na guitarra e as maravillas de dani a batería.
Jorge R.
Máis info:http://www.myspace.com/motociclon
0
0 comentários: