Segundo nos informan os mesmos Kambotes, a banda pontevedresa de punk-rock xa empezou a pre-producción do seu novo disco coa intención de comezar a gravalo o 4 de marzo baixo a producción de Javier Abreu (sugarless, malos vicios, disidencia, boikot, raiba..etc). Este vai ser o carto traballo discográfico editado pola banda e o primeiro editado coa actual formación despois de tres anos ofrecendo concertos. Lembremos que ata a súa separación no ano 2004 editaron tres traballos, o mini "Traicionero popular", "Eutrapelia" e "Rumor cerebral", os tres producidos por Fernando Madina de Reincidentes. No 2008 deciden voltar coma Kambotes coa seguinte formación: Oscar ( gaita e voces), Jaime (guitarra), Javi (baixo), Tomas ( batería) e Carlos (guitarra). No seu novo traballo poderemos atopar títulos coma África, La noche desmán, Óxido ou Planeta perfecto. Namentres non saía ese novo traballo que agardamos ansiosos, poderedes velos descargando o vindeiro 5 de marzo en Goian(Pontevedra)
Máis info en: http://musikaze.com/kambotes
0
0 comentários: