BRINCADEIRA 2011- Parte2

Publicado o 6 de jul. de 2011 por RockIsomE.
0


The Lords of Altamont, despois de perderme o seu concerto no festi de El Beasto hai dous anos, e iso que tiña a entrada para o mesmo(coincidiu a data cun concerto meu, e a intoxicación etílica posterior ao mesmo impediume acudir a cita...rapaz@s o alcol e perigoso ...e nubla a razón!).

Parece que esta vez a vida dame outra oportunidade, e de seguro que penso aproveitala, veñen estas bestas pardas do garaxe roqueiro a presentarnos o seu fantástico novo disco (o carto Lp longo xa), Midnight to 666, no que inclúen o temazo que editaran en 7"(e que eu teño gastado de tanto pinchar), "Get back in the car" entre outros.

Motivos para velos en directo? Pfff, a súa música e motivo suficiente, pero que formen na banda ex-compoñentes de bandas míticas coma The Fuzztones o The Cramps, que a besta parda de Jake "The preacher" Cavaliere, voz e órgano , lle prenda lume o seu órgano durante a actuación e que cho diga eu deberan ser motivos mais que suficientes. Estas avisad@! Este ano no Brincadeira!

Mais info: http://www.lordsofaltamont.com/

0 comentários: