BRINCADEIRA 2011- Parte 1

Publicado o 4 de jul. de 2011 por RockIsomE.
0

Este ano o Brincadeira 2011 presentase cun cartel impresionante e todo cun prezo de bono espectacular ata o 15 de xullo(25 €), despois tampouco será caro para nada o bono(35 €).

Sorprendeme e aledame, a inclusión de grupos atípicos, que é mais complicado de ver neste tipo de eventos e deses vou falar. En sucesivos días ireivos presentando un pouco por riba estes grupos.

En primeiro termo, temos a Wau y los Arrrghs!!, un grupo de garaxe, de garaxe ye-yé si se me permite, cun son deudor da década dos 50, cantando maiormente en castelán e cun vocalista, Juanito, espectacular. Teñen dous vinilos, "Cantan en español" e "Viven!", os dous recomendables, aínda que teño as miñas preferencias polo segundo, o seu ultimo disco ata o de agora. Temas propios coma "Delincuente" , "Viva Link Wray", "Copa, raya paliza", impresionantes versións coma "Demolición" dos Saicos, a adaptación de "Piedras" ou de "It's great"...Hipermegarecomendados!



http://www.myspace.com/wauylosarrrghs

0 comentários: