Achégase a hora do Resurrection Fest

Publicado o 7 de jul. de 2011 por Rulo.
0

A sexta cita cos mellores grupos de punk, rock, hardcore e metal terá lugar os días 28, 29 e 30 de xullo. Este ano subirán ao escenario do Resurrection Fest 42 bandas entre as que destacan Bullet for my Valentine, Gorilla Biscuits, Pennywise, The adicts, Meshuggah, Comeback kid e Bring me the horizon.

O festival desenvolverase no campo de fútbol municipal e o parque Pernas Peón volverá habilitarse como zona de acampada, con capacidade para albergar a dez mil persoas. Este ano introducirán importantes novidades, como un segundo escenario, máis áreas de acampada gratuíta (por primeira vez ofrecerán un espazo VIP para aloxarse, nas inmediacións do estadio), máis váteres químicos e duchas nos lugares onde se sitúen as tendas e tamén no interior do recinto, máis postos de información e promoción dos patrocinadores, e máis efectivos policiais para reforzar a vixilancia.

Bono de tres días: 40 euros. Máis información na web do festival.

0 comentários: