Unha das citas musicais máis esperadas do ano en Galicia é o Festival do Norte de Vilagarcía. Un evento que desde a súa estrea no 2000, converteuse nun punto de encontro para miles de mozos e artistas procedentes de varias partes de España e Europa.
Os días 6 e 7 de maio máis de 20 grupos actuarán nos tres escenarios que os organizadores prepararon para o magno concerto:
O venres 6 de maio subirán ao escenario Estrella Galicia !!! Chk Chk Chk, May 68, Delafé e as flores azuis, Chapel club, Eles. Mentres que no escenario Novacaixagalicia actuarán Joe Crepúsculo, Nadadora, McEnroe, Srasrsra. O mesmo día pero no FDN Dance Club o mellor da música electrónica cos Planetas DJS e Iván DJ (sala Karma).
O 7 de maio toca a quenda a Peter Hook, London Guns, The Vaselines, Triángulo de Amor Bizarro e Sexy Sadie que subirán ao escenario de Estrella Galicia. Pola súa banda Mirrors, Pony Bravo, Franc3s e Diadermin será os protagonistas no espazo de Novacaixagalicia. No Dance Club tocará a quenda a Guille Milkyway DJ e Juan DJ (A iguana Club).
As entradas xa están á venda na servinova.com e ticjetmaste.es así como no teéfono 902504500. O prezo do abono de dous días é de 35 euros en venda anticipada e 45 euros en despacho de billetes, con dereito a acampada. A entrada por día é de 25 euros en venda anticipada e 30 euros en despacho de billetes.
Máis información na web do festival.