Zënzar preparando novos temas con vistas a un novo traballo
Publicado o 24 de fev. de 2011 por Rulo. en Lanzamentos
Informanos Manolo, batería dos grandisímos Zenzär,  que este ano os decanos do rock en galego voltaran a traballar en novos temas “coas mesmas ganas que aló a finales dos 80, pero con máis madurez e serenidade!”. A súa  intención é a de  publicar un novo disco a comezos do 2012 , o que supón unha moi boa nova para todolos seus siareiros. Compaxinaran esta labor compositiva con actuacións en directo, despois de finalizar a longa xira de presentación do seu fantástico e derradeiro disco ata o momento, “A tribu”. Un disco compacto coma o formigón armado e cheo de temas impresionantes coma esa xoia da música galega contemporánea que é “Caneando ruainas”( e non esaxero un pelo). Contanos que existe a posibilidade, aínda non confirmada, de que o seu novo disco, o sexto da súa carreira, vaia acompañado dun DVD cun concerto gravado na súa casa,  en Cerceda , no ano 2009.
Durante o 2010 tocaron tanto en pequenas salas e concertos solidarios coma en festivais coma o Karraskal Rock ou o Arrecabo 2010, compartindo escenario  con bandas coma Rosendo, Kaótiko ou Segismundo Toxicómano o mesmo que con  outras moitas bandas galegas. Unha desas bandas foron Esquíos,  e teño que dicir que si coma banda son grandes, coma persoas aínda son máis grandes.
Máis info en: http://www.myspace.com/somoszenzar
En directo na TVG, no programa Banda Curta:
 
Recentemente fixeron un concerto para a  Radio Galega música e produciron un video da versión acústica do seu "Tiven un Bar" con sabor a Bossa Nova e que pòdes ver aquí:
 

noraboa por este sitio para as novas, sobre todo do rock galego, e graciñas polas loubanzas.
un Zenzar...