TERBUTALINA - BRONCODILATADOR

Publicado o 22 de set. de 2011 por RockIsomE. en
0

Xa podedes descargar dende aquí o primeiro traballo longo de A Terbutalina, de título "Broncodilatador". Quince divertidos temas de música sinxela e directa, temas curtos (de media en minuto e medio liquidan o tema), sen complicacións e sen contraindicacións. Moitos dos temas xa estaban no seu directo(Live in Catoira), e aquí presentan a correspondente versión de estudo de temas coma "Cartos", "Canto moderno" ou "R.A.J.O.Y.", perdendo un pouco de forza con respecto as anteriores versións, pero soando moi ben, cun agradable son garaxeiro, con pouca distorsión e moita inmediatez.

Todos os temas seguen unha onda similar, destacando ao meu parecer a psicodélica "Peneira"(a mellor para min ), ou temas máis directos coma "Espija" ou "Cura de la hostia". En todo caso se sodes seguidores de grupos coma os primeiros Siniestro Total ou mesmo Novedades Carminha, non dubidedes en botarlle a orella a esta banda, e senón é o caso, probade igualmente, igual vos levades unha sorpresa.
Máis info:
http://terbutalina.blogaliza.org


0 comentários: