BARRENCE WHITFIELD & THE SAVAGES. SALA DUBLÍN(CARBALLO).16 DE SETEMBRO

Publicado o 25 de set. de 2011 por RockIsomE.
0



Concerto enmarcado dentro da XIV edición do XiriaPop, que pechaba o seu primeiro día coa actuación estelar de Barrence W. & The Savages, precedidos por Flamin Guays, Soul Gestapo e Las Ruedas, grupos que nin tiña intención de ver, nin vin, máis aló de entrar de vez en cando a sala para comprobar se remataran a súa actuación para dar paso ao grande en todolos sentidos Barrence e os seus colegas(dende o respecto máis absoluto as anteditas bandas, sinxelamente non son santos da miña devoción, sen máis). Por mor da tardanza en empezar as actuacións, a cousa demorouse máis do agardado, razón pola cal cando saíu o amigo Barrence, eu xa tiña no corpo máis cervexa da aconsellada, pero ei!! isto é rocanrol!

Concerto sudoroso, auténtico e xenuino, cunha banda compacta e cunha entrega descomunal, sobretodo por parte de Barrence, que amosou que o seu torrente vocal é natural, e é tanto o máis poderoso co que se pode escoitar nas súas gravacións en estudio. Guitarra, baixo, batería, saxo e voz , non fai falla máis. Rock and roll clásico, R&B e unhas pingas de soul en vea!

Centrarónse en presentar o seu máis recente traballo,"Savage kings", editado por Munster Records e que supuso a volta aos escenarios da banda despois de moitos anos, pero tamén rescataron temas dos seus primeiros discos. Versións coma "Ramblin' rose", temas coma "Bip bop bip"(do seu primeiro traballo) ou a inmensa e para min cumio do concerto, "Willie Meehan", fixeron as delicias do público asistente(a sala chea), que baibaba enfeitizado polo ritmo destas bestas pardas do rock and roll máis primixenio e garaxeiro.

Resumindo, que se os discos desta banda son moi recomendables, acudir a un dos seus concertos, máis que recomendable, é obrigatorio para todolos aqueles que gosten dos sons máis primixenios e garaxeiros do rock and roll, da música auténtica e atemporal, feita honestamente sinxelamente polo gusto de facela, para divertirse e divertir, sen máis.

0 comentários: