0
...tan só 'Material Defectuoso'. O disco que sairá á venda o próximo 24 de maio.
Curto comunicado o que nos ofreceron dende o grupo Extremoduro. Traducímolo a continuación:
"Non hai videoclip, nin entrvistas, nin roldas de prensa, nin comentario do novo disco, nin fotos novas, nin xira... pero este disco ten as seis novas cancións de Extremoduro."
A verdade é que é unha mágoa o que nos fan chegar desde a súa discografica, pois esperábase que o grupo extremeño volvese aos escenarios despois de tres anos dende o seu último disco, 'La ley innata'. Esperamos que tan só sexan unhas leas coa discográfica e non haxa problemas no seo do grupo despois de case vinte anos deleitandonos de verdadeiro rock.