Zënzar, gañadores do concurso Correlingua 2011: novas datas de concertos

Publicado o 30 de abr. de 2011 por RockIsomE.
0



Reproducimos a nota de prensa recibida pola xencia de Zënzar:

Zënzar tomanse un respiro no proceso de composición do novo material para o seu sexto disco que sairá no 2012, para voltar os escenarios neste próximo mes de maio.


Zënzar son os gañadores do concurso Correligua 2011. Voltan os escenarios en directo nas festas do Correlingua, pasando por Santiago de Compostelao 2 de maio, Salceda de Caselaso 3, Lugoo 11, Vigoe Culleredo12, Ourenseo 13 e Melide o 20 de maio. Neles farán un percorrido pola súa discografía máis destacada, coa axuda na parte final dás súas colaboracións habituais para facer un final de concerto máis folk-rock. Tamén presentarán algún dos temas novos que están a compoñer.

Zënzar, unha lenda do rock en galego nacidos “De la tierra de las sombras y la oscuridad…” xa que foi así como comezou todo alá polos comezos do outono na Meirama de 1987. Ben é certo que comezaron chamándose Mördor.on o grupo de rock en galego máis veterano en activo, por iso cada ano que cumpren é unha celebración para os seus membros… e xa superan os 20!


Están levando a cabo nestes anos unha evolución lenta pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca ás súas señas de identidade: rock en galego.


Tras varias maquetas, diversos recopilatorios e cinco discos oficiais, os músicos de Zënzarpreparan o lanzamento de novas pezas e un DVD en director que se editará en 2012.


Por agora, o seu último disco é A Tribu”,que conta coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª XoséSilvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama ( ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box gallego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares.


13 temas rockeiros, estilo Zënzar, con ataques punk, heavys e tradicionais. Falan das súas raíces nunha aldea que morre, da súa condición de galegos sen complexos e dos seus inicios.


-DÍA:2 de Maio 2011

LUGAR:Santiago, Pza. do Obradoiro

HORA:12:00 horas

-DÍA:3 de Maio 2011

LUGAR:Salceda de Caselas, Pza. do Concello

HORA:12:00 horas
-DÍA: 11 de Maio 2011
LUGAR: Lugo, Pza. de Sta. María
HORA: 12:00 horas
-DÍA:12 de Maio 2011

LUGAR:Vigo, Parque de Castrelos
HORA:12:00 horas
GRUPO: Zënzar + Colaboradores
-DÍA:12 de Maio 2011
LUGAR:Froum Celticum, Culleredo.
HORA:23:00 horas

-DÍA: 13 de Maio 2011

LUGAR: Pza. Maior, Ourense
HORA: 12:00 horas
-DÍA: 20 de Maio 2011
LUGAR: Pub Gatos, Melide
HORA: 00:00 horas
Mais info:http://www.myspace.com/somoszenzar

0 comentários: