Slayer+Megadeth+Angelus Apatrida. 29/03/2011.Coliseum(A Coruña)
Publicado o 2 de abr. de 2011 por RockIsomE. en Concertos
Fodín o coche(avaría definitiva, hai que comprar outro), o día seguinte comezaba a currar pola mañá e por mor da avaría do auto chegamos as tantas; aínda me doe o pescozo, e tiven que aturar o concerto de Megadeth, que non me gustou nada, nadiña. Pero todo iso son minucias cando podes gozar de novo da avalancha sónica de Slayer en directo, todo iso cae no esquecemento cando soan os primeiros acordes de "World painted blood", tema co que abriron , e que tamén abre o seu magnífico ultimo traballo discográfico.
Esta era a miña terceira vez cun dos meus grupos favoritos, os reis do thrash metal, do metal extremo. Concerto curto pero moi, moi intenso. Interpretación perfecta. Set-list case perfecto, a min so me sobraba "Payback", teñen temas moito mellores que ese para encher ese oco(coma "Chemical Warfare", pena non o tocaran). A baixa(temporal) de Jeff Hanneman, foi suplida correctamente( imposible igualar ou superar o orixinal) por Gary Holt, líder dos lexendarios Exodus. O único problema foi que as guitarras estaban panoramizadas, de xeito que se estabas no lado dereito case non escoitabas a guitarra de Holt, e se estabas no esquerdo, pasabache o mesmo coa de Kerry King. Polo demais, son moi potente e intenso(pero moito, insisto), Dave Lombardo inmenso á batería(coma sempre) e Tom Araya nun estado vocal sorprendente(incrible mais ben, tendo en conta a súa idade). O seu concerto foi coma un vendaval, un sismo sonoro, sen tregua, golpearonnos unha, duas, tres veces....ata deixarnos noqueados, sen case descanso, sen case falar co público. Chegaron, arrasaron e foronse, non hai mais. So durante "Seasons on the abyss" e "Dead skin mask" a velocidade foi sustituida por escuridade, igual de intensa, e igualmente efectiva. Pasan os anos por todos, mais por Slayer non(e que siga así). Un concerto de Slayer non pode ser explicado, tes que vivilo, todo o demais que poida dicir, quedarase curto. Inmensos. O seu ten case mais de hardcore, de punk extremo que de metal no senso que por exemplo o entende Megadeth. Teño visto centos de concertos de bandas estatais, galegas, internacionais, de punk, metal, garaxe, hardcore, blues,tecno, jazz o que queiras, e nada, nada ten a forza a intensidade, a sensación de estar dentro dun tornado que teñen os concertos de Slayer. Foi unha puta cafrada, e un dos mellores concertos os que asisto en anos.
Angelus Apatrida, os teloneiros, tocaron ben, pero a mín non me dixeron nada, thrash metal oitentas moi ben tocado e nada mais(e nada menos). Influenzados claramente por Slayer e pouco mais que dicir. Megadeth(que nunca me gustaron moito , salvo algúns temas puntuais), moi frouxos. A batería demasiado alta, as guitarras moi baixas, o set-list malo, moito tema lento, medio tempo, o novo guitarra Broderick, pareceume un poser de coidado, moi pouca forza amosaron dende logo, iso sí, técnicamente perfectos, son limpo e tal, pero amigos, isto é un concerto de metal extremo, de thrash, non da orquestra filármonica de Londres, non se trata só de tocar ben, Alejandro Sanz tamén toca ben, pero....Tamén hai que dicir que despois ían Slayer, e ninguén sae ben parado cando toca con eles.
Set-list Slayer
01. World Painted Blood
02. Hate Worldwide
03. War Ensemble
04. Postmortem
05. Temptation
06. Dead Skin Mask
07. Silent Scream
08. The Antichrist
09. Americon
10. Payback
11. Seasons in the Abyss
12. Snuff
13. South of Heaven
14. Raining Blood
15. Black Magic
16. Angel of Death