Os suecos Entombed actuarán o sábado en A Coruña
Publicado o 7 de abr. de 2011 por RockIsomE. en Concertos e festivais
Entombed actuará en A Coruña o sábado 9 de abril na sala O Túnel. O grupo sueco tocará xunto a outros tres grupos: os galegos Raze, os portugueses Holocausto Caníbal e os cataláns Körgull The Exterminator.
A banda, que naceu en 1987, foi pioneira do death metal escandinavo , denominado “son Estocolmo”. No 1990 publicaron o seu álbume debut “Left Hand Path” que os convertiu xa nunha banda de culto, pero nos anos sucesivos o seu son derivou ó hardcore punk. A partires da edición do seu terceiro álbume “Wolverine Blues” considerouselles creadores dun novo estilo musical que misturaba elementos do death metal clásico con rock, dando lugar ó "death’n'roll".
Tra-la marcha de Nicke Andersson, que se uniu a The Hellacopters, o grupo buscou un son mais rockeiro e alternativo, afastándose do metal mais duro. Os cambios na formación repetíronse ó longo destes anos, convertendo ó grupo nun cuarteto, có que editaron "Morning star", no que mostran un son máis endurecido.
O seu último traballo, "Serpent saints", viu a luz en 2007 e confirmou a súa volta ó death metal con tintes rockeros característicos dos seus primeiros discos.
Entombed estarán acompañados da banda galega de tras Raze, os barceloneses Körgull The Exterminator, unha das bandas emergentes do panorama metal nacional e dos portugueses Holocausto Caníbal, un dos grupos referentes do gore death a nivel internacional.
Mais info: http://www.entombed.com/ http://www.myspace.com/salaotunel