Hoxe falamos cunha das mellores bandas de rock and roll potente da Galiza, os composteláns, Os Royalties; cun disco as costas tan solvente e conseguido coma o seu "Sen volta atrás", tentamos coñecer algo mais sobre o que move a esta banda de guerreiros do rock and roll, e isto é o que nos contaron.
P.- Contádeme cal é a vosa formación actual, e un pouco a vosa historia ata chegar a ela?
Os Royalties, é un trío de rock formado inicialmente por Soni (Baixo e voz), Dani (Guitarra e coros) e Miguel (Batería e coros) comezan o seu escarpado e duro camiño musical no verán de 2006. Os tres membros, xa procedentes doutras formacións como Redullos ou Las Fulanas reflexan nas súas composicións as súas influencias dos grupos anteriores, do punk-rock e do rock & roll, conseguindo que, o son dos Royalties sexa o que andaban buscando, rock cunha potencia atronadora, riffs de vertixen e melodías desgarradoras que saben a blues e a soul cantado en galego. Isto converte a súa música nunha identidade propia da banda que reflexan claramente en calquera dos seus tres CD’s, O primeiro en 2007 Quero Rock & Roll, o segundo en 2009, Avance de nova temporada e o terceiro Sen volta atrás. Todos eles producidos, editados e distribuidos por Royalties.
Despois de percorrer Galiza dende Ribadeo ata Tui e dende A Coruña ata Ourense, despois de ter participado en festivais como “Rock en Costa” en Santiago, “Festa a Nosa” en Lalín, “Parrocheira Rock” en Ferrol, Festival dos Abrazos” de Santiago e ter participado no programa de “Revelando voces” do Concello de Santiago, o noso batería Miguel ten que abandonar a banda. O trio convértese en cuarteto cando a finais de 2010 incorpóranse á banda, Lucas (Batería) e Fedello (Guitarra) procedentes de bandas de blues (Dixie Town) e punk rock (Última Sacudida) respectivamente.
O motor xa está engrasado, e buscando cada vez unha mellor posta a punto, os Royalties xa están de volta.
P.-Por que un nome coma Royalties? A que fai referencia?
Sony: Veñen ser os dereitos de autor, iso que está tan de moda ultimamente e que crean tanta polémica.
P.- Cales son as bandas ou músicos que vos empurraron a querer tocar nunha banda de rock? Cales son as vosas referencias musicais?
Lucas: Mountain; Sony: Miguel Rios; Fedello: Skarmento, Tiro na testa, Dani: Raid e Shirban (Dous grupos Pontevedreses que xa non existen), como referencias Danko Jones, Jim Jones revue, Chuck, Little Richard…
P.- Por que cantar en galego? Credes que é un obstáculo, unha vantaxe ou que é indiferente?
Sony: Porque é a lingua que emprego sempre e na que sinto máis cómodo cantando. O rock é universal, non entende de nacionalildades.
Polo lugar onde vivimos, debería convertirse nunha vantaxe, aínda que en moitos casos funciona no sentido contrario, son cousas que so pasan en Galicia.
P.- Encántame o son do disco, onde foi gravado e como, todos xuntos ou por partes? E por que escoller esa forma?
Sony: O disco foi gravado no verán do 2010 en San Román (Cedeira), nos estudios Aboryginal Recors con Gerardo Calvo e coa axuda de Dani Blanco.
Primeiro gravamos as bases rítmicas (baixo e batería) xuntos e logo fomos incorporando o resto de instrumentos e arranxos.
P.- Gústame moito coma queda a harmónica en temas como “Bipolar”, de quen foi a idea de incorporala a vosa música? E o mesmo cos ventos que se escoitan en temas coma “I want your love”(e o órgano), pensades darlle mais protagonismo en próximas gravacións? Acompáñanvos en directo?
Dani: A idea de incorporar a armónica foi de Miki, no caso dos ventos e do órgano, decidiuse no proceso de gravación entre todos. Para os ventos, viñeron Trompy, que xa ven acompañándonos dende o Ep “Avance de nova temporada” co tema “As cruces”, Valentín e Aitor Alkorta con Trombón e teclados respectivamente propúxoos Gerardo xa que nos non os coñecíamos. Por último o Didgeridoo en “Sen Volta atrás” está tocado por Gerardo.
Sony: Máis protagonismo creo que non sería posible, aínda que sempre contaremos cos metais de Trompy en vindeiras gravacións.
P.-Como nace un tema coma “Vaca”? Recórdame a The A-Bones, gustanvos?
Sony: Pois se coñecedes algo aos xaponeses Thee Michelle Gun Elefant, será ahí onde atoparedes a referencia.
P.- En que vos inspirades para compoñer os temas?
Sony: En comics ou series dos 90.
Dani: En experiencias, sensacións, malos momentos…
P.- Facedes algunha versión nos vosos concertos e de ser así, cales?
Sony: Walking the Dog (Ruffus Thomas), Get the Horn (Gluecifer), Search and Destroy (Iggy Pop), Black Honey (The BellRays) Blitzkrieg Bop (Ramones), No Class (Motorhead).
P.-Dicídeme co menor número de palabras posibles algo sobre:
- Motorhead:
Sony: Cando escoitarei un directo con bo sonido?
Lucas: Caña
Fedello: Grandes
-Chuck Berry:
Sony: O rei do riff rockanroleiro
Fedello: Tamén grande
Lucas: Crack
-Angel Espadas
Sony: O rei de copas
Lucas: Xenuino.
Fedello: Banana
- Little Richard
Lucas: Forza.
Dani: Referente
-Metal (música)
Fedello: Coiro
-Centrais nucleares
Fedello: Banana.
Dani: Actualidade sen comentarios.
-Fame Neghra
Sony: Compartín escenario con eles no meu primeiro concerto na praza de Cervantes en Compostela no 1991.
-Lp (vinilo)
Sony: A solución a pirateria.
P.- Que valorades máis, a técnica ou a a inspiración a hora de escoitar música e compoñela?
Sony, Lucas, Fedello e Dani: A inspiración, en canto á teoría, aínda imos polo primeiro tema.
P.- Como está a movida rockeira por Santiago? Ten moito apoio?
Sony: A movida rockeira creo que está mellor que nunca, no sentido de que hai moitas bandas cunha gran oferta de estilos. Apoios os de sempre, ningún importante en época de crise.
P.- E da música galega en xeral que bandas vos chaman a atención? Credes que hai bo nivel en xeral?
Sony: As bandas da xurásica (Samesugas, The Homens e Luomo di gomma, Tommy gun)
Fedello: Skarmento, Última Sacudida, Tiro na Testa e Second Army.
Lucas: Los Reyes del Cao.
Dani: As bandas xurásicas, Bulldocers e Black Panda entre outros.
P.- Cal ou cales son os últimos discos que mercastes e que bandas novas(de calquera sitio do mundo) vos están sorprendendo ou gustando agora mesmo?
Fedello: Against me e White crosses.
Lucas: Growners Mushrooms
Sony: Último en mercar Buckcherry (o último), gustando os de sempre Hellacopters.
Dani: Dixie Town (Fat and Superb) e gustando The Jim Jones Revue, Dollhouse, Boozed, The Chuk Norris Experiment…
P.-Cal é a canción ou cancións da que estades mais orgullosos das rexistradas no voso disco?
Sony: Creo que Predicador Blues é para min un tema redondo en canto a forma de composición, execución e gravación.
Dani: Eu non sabería especificarche unha en concreto, todas teñen o seu encanto, quizais, acabo antes dicindo que de todas, a que creo que lle falta algo é a Bola de canón porque foi unha das que deixamos para o final.
P.- Que lle dirías a alguén que non vos coñece para que acudira a un dos vosos concertos?
Sony: Que se tome unhas birras antes de que comecemos e que se poña diante do escenario para que os decibelios lle batan no peito ata quedar atrapado polo R&Roll.
P.- Cales son os vosos plans futuros?
Lucas: Seguir tocando.
Sony: Saír na entrevista de Rockisome.
P.- Dicide o que queirades( se queredes jeje).
Dani: Gracias e sorte co voso blog.
Lucas: O que queirades.
Mais info: http://www.myspace.com/osroyalties