Voltaica, rock & roll e punk dende Val Miñor

Publicado o 6 de mar. de 2011 por Rulo. en
0



Reproducimos a nota que nos envían dende Saraiba Produccións sobre esta xoven banda:

Voltaica é unha banda do Val Miñor que nace das “cinzas” doutros proxectos musicais da zona. Están presentando o seu primeiro traballo, unha demo que vale como mostra e adianto do que Voltaica está ofrecendo e ten previsto ofrecer en forma de álbum discográfico e onde podemos atoparnos temas como “F.I.L.E” ou “X”. As súas influencias son grupos consagrados do rock&roll e do punk, como Led Zepplin, Pink Floyd, The Clash ou The Beatles dos cales a banda adquiriu toques de cada uno pero co seu propio estilo… Son duro, compacto e fresco que mesturado con melodías vocais e sen deixar atrás os sons máis contemporáneos, pega de forma directa e persoal. A súa posta en escena poderosa emociona e proxecta altas dosis de enerxía sen deixar indiferente a ningúen… Pavi (baixo), Sergio (voz), Jose (guitarra), Alex (Batería) e Iván (teclado) conforman esta banda galega, que pese a súa corta vida na escena musical xa telonearon a grupos como Nothink ou quedado semifinalista do San Miguel Unique’s.

-BANDA: VOLTAICA
DÍA: 11 Marzo 2011
HORA: 22:00 h
LUGAR: La Fábrica de Chocolate (Vigo)
PREZO: 4 €
-BANDA: VOLTAICA +KURTINAITIS
DÍA: 18 Marzo 2011
HORA: 23:30 h
LUGAR: Sala Moon (Santiago de Compostela)
PREZO: 4 €
-BANDA : VOLTAICA
DÍA: 19 de Marzo 2011 HORA: 23:00 h LUGAR: Sala Badulake (Ordes)

0 comentários: