Os 'Judas Priest' despídense no 'Epitaph World Tour 2011'

Publicado o 7 de mar. de 2011 por Rulo. en
0

Judas Priest despídense este ano da música. A súa última xira, co nome de "Epitaph World Tour", comezará en xuño por Europa, en países como Suecia, Finlancia, Dinamarca, Francia, Italia, Bélxica, Reino Unido ou Alemaña. Ao rematar nestes, tocaralle o turno á Península, onte virán xunto a bandas de gran nivel internacional, como Motörhead e Saxón. As tres bandas británicas alcanzaron a fama europea a principios dos oitenta. Así, pois, o día 29 de xullo terémolos en A Coruña.

Saxon
Saxon levan dende 1976, máis de tres décadas, ofrecendo aos seus fans grandes directos e poderosos discos a cargo do seu frontman, Biff Byford. Formáronse en Barnsley, Yorkshire, como líderes da New Wave Of British Heavy Metal na que alcanzaron gran popularidade durante os oitenta, así como en Europa e Xapón.

Motörhead.
Motörhead naceu en 1975 por Lemmy Killmister, baixista, cantante e compositor, quen se mantivo constante na banda británica cunha formación power trio. Alcanzou gran éxito a principios dos anos oitenta con varios singles nas listas de venta británicas. Os álbumes Overkill, Bomber, Ace of Spades, e particularmente No Sleep 'til Hammersmith, cimentaron a reputación de Motörhead como unha das bandas máis destacadas da escena heavy metal británica. Este concerto serviralles para presentar o seu novo álbum “The Wörld Is Yours”.

0 comentários: