Eddy Current Suppression Ring - Rush to relax
Publicado o 17 de mar. de 2011 por RockIsomE. en Criticas
Este é o terceiro disco longo(teñen varios singles, E.P.'s e demais) deste cuarteto australiano de curioso nome. Dez temas que eles etiquetan no seu myspace coma punk-rock-garaxe, e creo que esta definición quedalles un pouco curta, ou polo menos non fan o típico punk-rock-garaxe. O seu guitarrista, coma nos anteriores discos, segue encargandose de gravar os discos no seu local de ensaio. O son é consecuentemente garaxeiro, pero nítido, as guitarras case sen distorsión, cun son herdeiro de bandas coma Wire ou The Saints e cunha sección rítmica sólida e repetitiva, coma se estiveramos falando de Killing Joke ou dalgunha banda industrial. As voces cun punto desquiciado e punk, ao modo dalgúnhas bandas punk/after-punk de finais dos 70/comezos dos 80. Logo podes atopar temas mais punk coma a que abre, "Anxiety", ou a acelerada e breve "Walked into a corner", outros mais pop coma "Gentlemen" cuns fermosos arpegiados de guitarra, ou "I can be a jerk", ou outros máis puramente garaxeiros coma o que pecha "Rush to relax"(co seu punto de jam desquiciada, e que me recorda os Stooges). Tamén curiosa a duración dos temas, dende 59 segundos o mais corto, ata 7:06 minutos o mais longo(esquecendonos da extra duración do ultimo con sons de mar etc..). En temas coma "Tuning out" ou "Second guessing" ademais de usar teclados, teñen unha certa querencia hipnótica e psicodélica, en algunhas parte parece que esten improvisando ao xeito dunha jam-band punk(por certo son os temas mais longos). En resumo, creo que estamos diante dun bo disco, que xunta elementos xa coñecidos con outros non tan típicos, obtendo un bo resultado.
Rockisome
Mais info: http://www.myspace.com/eddycurrentsuppressionring