Chuck Berry- Rockin' 20 original recordings
Publicado o 22 de mar. de 2011 por RockIsomE. en CriticasRecopilatorio editado en vinilo(non sei se tamén en cd) con vinte temas orixinais remasterizados de Chuck Berry. Temas coma o mítico "Johnny B. Goode" ou "Maybelline". Escoitade "Sweet little sixteen" e alucinade. Si! Os Beach Boys fusilaronlle o tema, é calcado a "Surfin' USA" , tiveron o detalle de cambiar a letra e o comezo negaban o plagio, ata que o xuiz non tivo outra opción que darlle a razón a Chuck Berry. Esquecedevos de inútiles coma o sobrevalorado Elvis Presley, que non compuxo un tema na súa vida(ademais de non ter miolos, tampouco tiña talento compositivo) , o señor Berry é autor dos vinte temas, vinte clásicos, vinte pedazos de música atemporal para un dos pais do rock and roll. Un home fundamental na guitarra rock, cantante, compositor, guitarrista...Xunto con Little Richard, Muddy Waters , Willie Dixon e moitos mais músicos de color, crearon un son único que foi a raíz para todo o que veu despois, e iso que insisto, eran de color, cousa que na racista e ultra-puritana sociedade americana da época(mediados dos cincuenta) era un serio handicap(que non tivo o branquiño de Presley, por exemplo). En fin, imprescindible!