The Brosas, potente rock and roll dende a costa lucense
Publicado o 16 de mar. de 2011 por RockIsomE.
Coma prometimos, aquí temos a entrevista con The Brosas, unha banda de potente rock and roll cru e o fígado.
Estas foron as respostas que Rubén, guitarra, e Bernardo, batería, fixeron as nosas preguntas. Dende xa, estamos agardando poder botarlle a orella enriba a ese próximo disco, que de seguro, será toda unha declaración de auténtico e potente rock and roll, ladys and gentlemen, con todos vostedes, The Brosas.
P.- Quenes formades The Brosas, contádeme un pouco a vosa historia?
RUBÉN: En The Brosas somos catro: Bernardo (Batería) Paez (voces) Lorenzo (baixo) e Rubén (guitarra). A banda naceu en febreiro/marzo do 2009, Bernardo e eu falamos de montar un grupo de rock and roll e comezamos a buscar xente e a facer cancións. Non atopamos unha formación estable ata novembro, con varias entradas e saídas no grupo, que foi cando entraron no grupo Paez e Lorenzo, e dende esa estamos dándolle xuntos, e que dure moitos tempo.
P.-De onde ben o nome é que significa The Brosas? Por que vos chamades The Brosas?
RUBÉN: Unha “brosa” é como se lle chama no galego da nosa zona ós “machados”. Cando nos puxemos a pensar un nome para o grupo tiñamos claro que tiña que ser en galego, e mellor que fose unha palabra exclusiva da zona, buscando un nome máis orixinal, e a primeira que se nos ocorreu foi a de BROSA.
P.- Cales son as bandas ou músicos que vos fixeron querer tocar nunha banda de rock? Que grupos vos influíron e vos inflúen coma banda?
RUBÉN: No meu caso persoal foron os AC/DC, con 12 ou 13 anos escoiteinos por primeira vez e dende aquela seguen comigo. Sen dúbida son a banda da miña vida e a que me puxo unha guitarra nas mans. No referinte as influencias do grupo, son varias, tantas como membros ten o grupo. Dende eu que de sempre escoitei rock and roll a Paez que se pasa o dia co grindcore e o brutal-death, queiras ou non a música que levas escoitando toda a vida inflúe á hora de facer as túas propias cancións.
P.- Por que cantar en galego? Credes que é un obstáculo, unha vantaxe ou que é indiferente?
RUBÉN: A elección foi sinxela, ou máis ben non houbo elección. Tódolos membros que pasaron polo grupo son galego-falantes polo que creo que é un resultado lóxico. No referinte a segunda cuestión, cantar en galego non é nin un obstáculo nin unha vantaxe, para nos é un honor, que se seguen así as cousas, dentro de pouco os rapaces galegos case nin poderán ter
BER-Ninguén lle pregunta a ACDC ou a IGGY POP porque cantan en inglés, xa nos costa bastante expresarnos na nosa lingua como para usar outra...
P.- Credes que hai cada vez máis grupos cantando en galego e que a xente cada vez os apoia máis ou o contrario?
RUBÉN: Pois non sabemos si hai máis ou menos grupos que canten en galego, o que si sabemos é que nos gustaría que houbese moitos máis. O que se pode ver é que hai festivais e asociacións por todo o país apoiando a música en galego, o que está ben, pero non parece que sexa suficiente, xa que a situación da lingua cada vez vai a peor.
BER- En Burela estamos nunha especie de oasis lingüístico porque se fala moito galego, pero no resto de vilas e cidades a min dáme a sensación de que non se fala moito galego, que creo que é a forma mais importante de apoialo
P.- De que falan as vosas letras? A que lle dades máis importancia, á música ou as letras?
RUBÉN:De todo un pouco, do que nos gusta e sobretodo do que non nos gusta, pero todo dende unha óptica de ironía e sacarmo, o que non queremos e “adoutrinar” a ninguén, pero tampouco calar a boca co que vemos que vai mal ó noso arredor. Tanto a letra coma a música deben ter un equilibrio nunha canción, non creo que lle deamos máis importancia a unha que a outra.
P.-Cal e o voso soporte musical preferido? E que pensades do vinilo e da súa “suposta” volta?
RUBÉN: Sinceramente calquera que logre achegar a música á xente. Non están as cousas hoxe en dia para pecharse á fórmula tradicional de: disco, discográfica, distribución, tenda de discos etc. As cousas cambiaron moito nos últimos anos e calquera formato que axude ós grupos chegar a máis xente é válido. No referinte ó vinilo, está claro que sobrevivirá ó CD, ó DVD, ó blue-ray etc. É algo totalmente diferente.
BER-para min o vinilo é o mellor soporte, o CD está demostrado que é unha basura , sen embargo para o dia a dia uso o mp3, pedazo de invento
P.- Tendes pensado gravar algo a curto prazo, un disco ou similar?
Estamos pensando en entrar a gravar en abril o noso primeiro traballo, xa case temos elixido o estudo de gravación e os temas que imos gravar. Agardamos que todo saia ben e que para comezos deste verán xa teñamos todo listo.
P.- Dades moitos concertos? Tendes moito repertorio propio e que versións facedes se facedes
algunha?
RUBÉN: Os que van saíndo, que ogalla foran moitos máis, pero tal e como están as cousas non nos queixamos. Imos pouco a pouco, cada vez estamos máis contentos de como nos saen os concertos que é o importante. No referinte ó repertorio, soemos tocar uns 40 minutos aproximadamente, e todo o que tocamos son temas propios agás unha versión do NO CLASS dos Motörhead
P.-Dicídeme co menor número de palabras posibles algo sobre:
- Motorhead:
RUBÉN: O verdadeiro Rock and Roll
BER- XEFES
-Nine Pound Hammer:
RUBÉN: Bo grupo de rock and roll, aínda que prefiro ós Nashville Pussy
-Mariano Rajoy:
RUBÉN: Sería moi doado poñelo a pingar, pero penso que quen máis o descalifica, e mellor o fai, é el mesmo cada vez que abre a boca.
BER- Personaxe
-Eskorbuto:
RUBÉN: Dicir e facer o que queiras e cando queiras sen che importar nada máis.
BER- historia triste
-TV:
RUBÉN: Un medio que podía ser o “todo” para a cultura, e que por desgraza é a “nada”
BER- mestoiquitando
-Slayer:
RUBÉN: O mellor grupo de thrash-metal da historia.
BER- ODIO
-The Stooges:
RUBÉN: Os primeiros, xunto a MC5, en deixarse de tupés e de lentexuelas e facer rock and roll rápido e suxo.
BER-ATEMPORAIS
-Dirty Barrighitas:
RUBÉN: Un dos primeiros grupos no país en facer o que realmente nos gusta a nos, rock and roll a toda ostia.
BER- concerto de reunión XA!!!!
-Mala Oxtia:
RUBÉN: Preguntádelle a Bernardo XD
BER- bos recordos
P.- A hora de tocar en directo, a que lle dades máis importancia, a perfección musical ou deixadevos levar polo momento e tentades gozar sen máis?
RUBÉN: Realmente non creo que exista a perfección musical como tal, e algo totalmente subxectivo. Segundo a nosa opinión o importante e expresar o que che gusta e o que sintes, e para iso non creo que faga falla ser un “mozart”, soamente botarlle valor e corazón. Sen dúbida o básico e desfrutar do que se fai.
P.- Hai moita movida rokeira pola vosa zona? Que grupos recomendariades da vosa zona?
RUBÉN: Por desgracia non hai nin moita nin pouca, sinxelamente non a hai,. Grupos de rock pola Mariña poucos e do noso estilo non coñecemos a ningún. Si que hai unha forte escea “hardcore” en Viveiro e varios grupos de estilos máis modernos tipo “metalcore”, do que nos alegramos, pero no referinte a rock and roll por desgracia hai moi pouco movemento.
P.- E da música galega en xeral que bandas vos chaman a atención?
RUBÉN: Pois realmente do noso estilo, cantando en galego, pódoche dicir que os SAMESUGAS son os que máis teño escoitado, despois se temos en conta os grupos que son de GZ pero que non cantan en galego están os BULLDOZERS de Coruña cos que temos compartido concertos e son un grupazo, aparte de que nos levamos moi ben cos rapaces. De outros estilos, pois os RUXE RUXE que levan unha presada de anos e seguen dando leria. Seguindo co rock, por Compostela andan os TUGSTENO e os JOHN DEERES. Dentro do metal para o meu gusto destacan os PRIMITIVE que van sacar disco agora etc etc. Realmente bos grupos non faltan, o que falta é organización e que a xente poña un pouco da súa parte.
BER- the Homens, Codia, Luomodi goma, Safari Orquesta,Samesugas, Torques,Bulldozers, etc etc
P.-Seica andades mirando de montar un festi por alá, contádeme un pouco como vai o tema e en que consistiría?
RUBÉN: O do festi está totalmente verde, a idea é a de facer un festival centrado no rock con bandas galegas en San Cibrao (Cervo) o mesmo dia que a Asociación Xuvenil Arredemo organiza o Torneo de Rugbi da vila, que soe ser a mediados de xullo. Pero por agora todo está sen facer, se vai adiante irémosvos informando
P.- Que lle dirías a alguén que non vos coñece para que acudira a un dos vosos concertos, vendédevos(jeje):
RUBÉN: Pois que se lle gusta o rock and roll non se vai aburrir, que non hai nin grandes composicións nin grandes alardes de técnica, pero si volume moi alto e gañas de pasalo ben.
Gracias por “facernos caso” e sorte coa web, fai moita falla webs como a túa
Rockisome
Máis info en: http://www.myspace.com/thebrosas