Un escenario na sala Túnel, nos baixos do Coliseo. Trece minutos por grupo. Probar, tocar un tema e deixar sitio ao seguinte. Ao final, puntuarse entre si. E os dous mellores, a fume de carozo a ocupar a súa praza no Coliseo para telonear ao Funkillo e Def Con Dous. Esa, resumida, é foi a dinámica do concurso Airiños de Rock and Roll, que este ano celebrou a súa primeiro edición.
Ketuler, de Noya, e Estado Puro, de Cangas, foron os gañadores. Souberon a noticia pouco despois de finalizar as actuacións, cando o baixista Pepe Vao daba unha masterclass sobre a técnica de tapping do seu instrumento. A lección foi seguida por decenas de mozos que seguían con atención todas as súas explicacións salpicadas con humor. Terminaron cunha improvisada sesión de AC/DC cun xuvenil á batería.
Ademais dos grupos gañadores, participaron nesta experiencia as bandas Arrytmia, os ourensáns Dementia, Dkona, Funi Flow, Nostatic, Setembro, Tregua, Yidorah e Yuno. Tras o pase de Ketuler e Estado Puro no Coliseo, chegou o prato forte da noite. Primeiro con Def Con Dous, que ao peche desta edición subían a escena ante algo máis de 1.500 enfervorizados seguidores. Para despois estaba prevista a actuación de O'Funkillo.
Información: La Voz de Galicia