Mostrando postagens com marcador Concertos. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Concertos. Mostrar todas as postagens

ALGÚNS CONCERTOS INTERESANTES...

Publicado o 11 de out. de 2011 por RockIsomE. en
0



O vindeiro xoves día 13 de outubro, os afecionados á boa música ao vivo terán dúas opcións moi interesantes. Unha magoa non poder acudir aos dous concertos, que sería o ideal, pero éche o que hai!

-Na Sala Moon estarán descargando Lüger e Telephones Rouges, a partires das 22:00 h. Entrada 7€ anticipada e 10 € en taquilla.

-O mesmo 13 de outubro na Sala Capitol estarán Guadalupe Plata e os vigueses Dixie Town a partires das 21:00 h. con entrada a 10€(máis gastos), xa a venda en Discos Gong ou na Reixa Tenda.

Eu coma non me podo dividir, e despois de botalo a sortes, vou acudir ao bolo de Guadalupe Plata e Dixie Town, dos que teredes cumprida crónica neste humilde blogue.

Máis info en:
www.salacapitol.com
www.moonmusicclub.com

K-RAXE presenta en directo "Novos tempos"

Publicado o 10 de out. de 2011 por RockIsomE. en
0

K-RAXE : Banda de metal afincada entre Carballo e Cerceda (A Coruña). A súa xestación tivo lugar a finais do ano 2009 baixo o nome de N.O.S .Os compoñentes viñan de tocar en distintas bandas do panorama da música galega coma Machina, Sensacha ou Fuzquenlla. A música de K-RAXE abrangue diferentes estilos dentro do campo do metal mantendo unha línea de agresividade reforzada pola voz do seu cantante, ademáis de empregar o galego para facer chegala mensaxe das súas letras.
K-RAXE presenta en directo "Novos tempos", o seu primeiro disco gravado o pasado inverno en Océano Estudio con Javier Abreu.

XIRA DE PRESENTACIÓN "NOVOS TEMPOS" DE K-RAXE:

11 OUTUBRO _ FESTIVAL SON DE TRAZO (VILOUCHADA)
5 OUTUBRO _ OURENSE
21 OUTUBRO _ GATOS (MELIDE) + MACHINA
31 DE OUTUBRO _ PUB D’ANTON (LARACHA)
5 DE DECEMBRO _ SALA THE STAR (CARRAL)

logo_k-raxe_MAIL.png abofe_logOOOO.png
CONTRATACIÓN: abofe@hotmail.es
www-myspace.com/k-raxe

www.k-raxe.com

THE HOMENS: ULTIMO CONCERTO E PARADA TEMPORAL INDEFINIDA

Publicado o 23 de set. de 2011 por RockIsomE. en
0

O grupo compostelán The Homens levará o seu repertorio de pop extremo o venres 23 a As Pontes (Cine Alovi, 21.00h., 3 euros). Para The Homens este será o último concerto antes dunha parada nas súas actividades de duración aínda por determinar.

Nunha data tan especial, Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica) farán en As Pontes un concerto que comezará coas reinterpretacións acústicas das súas cancións feitas para a xira ‘Detrás da canción’ (2010-2011), para despois cargarse de electricidade e rematar co seu repertorio de pop enérxico e bailable.

A entrada ao concerto custa 3 euros, e pode mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Cine Alovi o xoves 22 de 12.00 a 13.30 horas e o venres de 12.00 a 13.30 e a partir das 19.30 horas ata o comezo do concerto.

O grupo compostelán leva seis anos tentando cadrar a ecuación que combina melodía, enerxía e actitude, o gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, engadíndolle psicodelia e experimentación. O seu último disco, Cuarta potencia (2009), continuación do seu celebrado Tres, é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro, e mostra á banda máis preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...), o disco contén doce cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en un lustro de xira sen fin.

Máis info:

http://thehomens.com/

BRINCADEIRA 2011 - Parte 3

Publicado o 21 de jul. de 2011 por RockIsomE. en ,
0


Doctor Explosion, quenes este ano entregaron novo traballo discográfico, tamén estarán actuando para @s afortunad@s asistentes ao Brincadeira 2011. "Hablaban con frases hechas", o seu ultimo traballo, é un disco a altura da súa lenda, ou mais, atrevome a dicir. Un disco no que mesturan as diferentes caras que forman parte do seu son, dende o pop sixties, pasando polo rock cazurro ata o garaxe-punk mais despiadado e vacilón. Todo elo gravado no xa famoso estudio Circo Perrotti propiedade de Jorge Muñoz(líder dos Explosión), o que garante o cálido son analóxico do que por sorte cada vez desfrutan mais novas gravacións. Por outra banda, eu vinnos ao vivo nun par de ocasións, hai un feixe de anos as dúas, e podo asegurar sen dúbida algunha que montan "unha boa". Imperdonable a túa non asistencia se valoras minimamente a música destes asturianos tolos(e se tes un mínimo de gusto/cultura musical, seguro que a valoras).

Máis info: http://www.doctorexplosion.es/




Se te digo que os Genitorturers están liderados pola parella de David Vincent(que o mesmo tempo, é o baixista do grupo), líder de Morbid Angel, probablemente non te este a dicir moito, e ata pode que penses que isto ten mais que ver cunha revista do "cuore" que con outra cousa. Se te digo que fan unha especie de rock industrial cunhas letras e un directo de alto contido erótico, fetichista e sado, xa te podes comezar a facer unha idea do que nos agarda. Gen é a súa vocalista e líder, e levan dende principios dos 90 xirando e sacando discos regularmente(cinco , o ultimo no 2009). Un grupo que se prodiga moi pouco por estas latitudes, e unha oportunidade única de ver algo "diferente".

Máis info: http://www.genitorturers.com/home.html




Terbutalina, novo E.P. e concertos

Publicado o 11 de jun. de 2011 por RockIsomE. en ,
0


En 2011 lanzan o seu traballo de presentación “Live in Catoira”, que recolle 8 temas dun concerto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabeza).
A Terbutalina nace no incentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.Meses despois viaxan até L.A. para gravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador que verá a luz en setembro deste ano. Un disco con 15 racións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia á luz (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado “Que-de-leite!” con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarga aquí.

Bailen, cona, bailen!

Próximos concertos:

-11 de xuño, Campo das Cortes – Muros, De balde, 22.00 h.

-18 de xuño, Badulake – Ordes, Xunto a Familia Caamagno, 4€, 23.00 h.

-2 de xullo, "Pídechas o corpo" Festa do Orgullo Gai - Coroso, aparcadoiro da UAD (Ribeira), Con Talón de Aquiles, The Fe Kaos, The Siberets, Collón de Lola e Dj Manu Mimé, De balde, 22.00 h.

Ruxe-ruxe prepara novo disco e concertos

Publicado o 8 de jun. de 2011 por RockIsomE. en ,
0

Onte tiven o privilexio, xunto con outro compañeiro, de desfrutar en vivo e en directo coma adoita dicirse, dun ensaio dos Ruxe-ruxe. Un pracer para os nosos castigados oídos e tamén alimento para o noso espiritú, ver a estes seis mozos desfrutar e gozar coma se aínda foran un grupo nobel. Humildes coma poucos, cunha sona ben merecida tanto polo seu carácter coma polas súas cancións, a banda de Aríns está gravando o seu novo traballo discográfico co produtor Javier Abreu, que tamén traballou con eles no seu anterior traballo. Mentres agardamos poder escoitar ese traballo(eu non abro a boca que alí escoitei), podedes velos ao vivo na Sala The Star de Carral o vindeiro sábado 11 de xuño, dentro dos festexos do IV aniversaro da sala. Lembrade que tamén estarán o 23 de xunio dentro do festival Derrame Rock.
Mais info:
http://www.ruxeruxe.com/

Novo disco e novo videoclip de Esquíos!

Publicado o 26 de mai. de 2011 por RockIsomE. en ,
0


O vindeiro 4 de xuño vai ser un día moi especial, e non só por que afortunadamente cumpriranse xa 13 días do remate do pesadelo electoral, senón tamén por que nesa noite, a partires das 23:00 horas no Pub Décadas da Estrada e contando con K-raxe coma banda invitada, Esquíos presentaran o seu esperado novo disco (o quinto xa): “Agora si!!…Despois igual non (imolo vendo)”.

Producido por Arturo Vaquero e gravado en rigoroso directo nos estudios Abrigueiro, neste traballo Esquíos soan mellor que nunca e presentan o seu disco mais rápido, mais bailón e mais punki, conservando o seu toque garaxe e facendo incursións guerrilleiras noutros estilos coma por exemplo o country.

Doce temas propios, un deles coa colaboración vocal de Xavinho (Raiba), con títulos coma “Son parvo”, “Bukowski”(adicada ao escritor), “Psicose no 2012” ou “Xunta-te”, contendo letras divertidas e mais ácidas que nunca. En http://esquios.bandcamp.com podedes escoitalo disco enteiro . O disco físico(CD) estará dispoñible a partir do 4 de xuño en toda Galiza distribuído por Lonxa Cultural, e tamén en www.toupa.net e na Esquíos Tenda a partires de xa(http://tenda.esquios.com/). O mesmo que co anterior disco, a banda agarda facer tamén unha edición no seu adorado vinilo. Para coñecer mais do grupo ou as datas de presentación ao vivo pásate por www.esquios.com.

Aquí podedes ver o videoclip que fixeron do tema "Moi ben" incluido no traballo. Avisamos que hai un erro no video, a banda chámase Esquíos, non Os Esquíos.

No means no -Sala Live (Madrid) 16/04/2011

Publicado o 17 de mai. de 2011 por RockIsomE. en ,
0




Os irmáns Wright andan de xira por Europa para presentar os seus dous últimos ep's editados o ano pasado, e planearon varias datas na península. Unha delas foi na Sala Live de Madrid.

As 21:30 subiron ao escenario e comezaron con temas novos dos xa citados “Faceless may/old” e“Tour Ep2”. Quizais o tema mais destacado desta ultima etapa e que mais gustou ao vivo foi “Jubilation”. A banda soa moi potente, cos seus típicos ritmos que van dende o mais doce ao mais hardcore no mesmo tema, e cun son cheo de matices que incluso ten algo de jazz.

Mais de 30 anos na estrada non amansaron a estas feras, atacan con “Teresa (Gimme that knife)”, e comezaron os primeiros pogos. Semellan maiores, pero seguen na mesma liña de antano.

Temas dos seus tempos en Alternative Tentacles tamén soan, “Brother rat” por exemplo, acada un punto moi chulo ao vivo. Outro tema que o petou é “It's catching up” seguida de “Oh Bruno” ambalas dúas do seu disco “Wrong”. Denantes de dar por rematado o espectáculo tocan “The river”, un tema do seu album “Why do they call me Mr. Happy?”.

Bótanse de menos algunhas cancións, especialmente de “Sex mad” ou “0+2=1”, pero está claro que non poden contentar a todos e cada un da reducida audiencia que se presentou en Carabanchel para ver os canadianos, case media entrada.

O son pareceume do mellor que teño oído nesa sala. Da iluminación non podo dicir o mesmo, non a había. Uns focos de luz branca inundaban o escenario sen ningún tipo de efecto ou luz de color. Pareceume un pouco estraño.

Namentres eles mesmos recollen as súas cousas, o público termina as súas cervexas e acode ao posto de merchandising na procura de camisolas e discos de difícil adquisición por aquí, entre eles os dous ep's que só venden nos seus concertos. Un directo para lembrar con agarimo.



Texto e fotos: Raúl Gómez(http://www.itsalive.es/)

Tradución: Rockisome

North Mississippi Allstars actuarán o 19 de maio en A Coruña (Sala O Túnel)

Publicado o 14 de mai. de 2011 por RockIsomE. en
0

A banda do actual guitarrista dos Black Crowes, Luther Dickinson, presentará o seu novo traballo “Keys To The Kingdom” acompañada dos coruñeses The Money Makers

North Mississippi Allstars, a nova formación do guitarrista dos Black Crowes, Luther Dickinson, subirase ó escenario da sala O Túnel o próximo xoves 19 de maio. A banda estará de xira polo noso país presentando o seu novo traballo “Keys To The Kingdom”, que supón o seu oitavo disco tra-la publicación de “Hernando” no 2008.

O grupo, formado polos irmáns Luther e Cody Dickinson e Chris Chrew, está considerado un dos representantes mais importantes do blues sureño e o rock de raíces da actualidade. Proba de esto son as nominacións ós premios Grammy de tres dos seus discos na categoría de Mellor disco de blues contemporáneo, incluíndo o do seu debut “Shake Hands With Shorty”, no ano 2000.

A cita en A Coruña será data única en Galicia e unha das festas de presentación do festival Azkena Rock. O tour por España pasará por Barcelona, Valencia, Murcia, Cádiz, Madrid, Gijón e Bilbao.

Os coruñeses The Money Makers serán os encarregados de abrir o concerto. O grupo, que comezó a súa andadura musical fai tan solo un ano, converteuse nun dos mais importantes da escea local e presentarán os temos do seu EP gravado a finais do ano pasado.

Mais info: http://www.nmallstars.com/

Festa TRECE CATORZE en Salzeda

Publicado o por RockIsomE. en
0




Amigos da festa, da algueirada, da esmorga, da xolda e da troula, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze convídavos o 12-13-14 de maio a súa IV Festa Trezecatorzeadora cun menú cheo de repeniques e trouleos. Será unha xornada chea de felicidade musical, gastronómica e por suposto festeira. Desde a sesión vermú, o afinar dos instrumentos populares, as tapiñas para que non sente mal o viño até a madrugada, esperámosvos coas vosas ganas de troula e as vosas dotes para bailar funky, skas, reagues, muiñeiras e moito máis! Apertas e até pronto.







Sex Museum/ Samesugas- Sala Nasa, Compostela (28-04-2011)

Publicado o 5 de mai. de 2011 por RockIsomE. en , ,
0

Despois de editar o seu fantástico ultimo traballo(Again & again, podedes atopar a crítica neste mesmo blogue) tocaba presentalo ao vivo, e nós tivemos a sorte de que Galiza entrara dentro das lugares escollidas para ese mester, inmellorablemente acompañados polos Samesugas, a piques de sacar novo traballo.

Abriron as hostilidades Samesugas, cun son potente e nítido e o seu baixista, Alberte, sen parar nin un momento, amosando o que de verdade é actitude e entrega. Repasaron a súa discografía e presentaron un moi interesante tema novo, abrindo unha liña melódica menos habitual no seu son. Moi bó concerto dos composteláns, tan só botei de menos algún dos seus míticos temas en galego(Non vou perder...), xa que só tocaron temas na língua de Shaeskpearre.

Con Sex Museum decotío teño un problema, vinnos moitas veces, e nunca me convence o seu setlist, ou sexa non tocan temas que para mín son básicos na súa discografía. Esta vez foi diferente no tocante ao seu ultimo traballo discográfico, tocaron todos os que eu quería escoitar do mesmo(por min coma se o tocan enteiro, que é moi bó o seu ultimo disco, pero os que mais me chegan, quero dicir, tocaronnos). Comezaron con "Again & again", cumio da psicodelia garaxeira, unha auténtica xema de canción,despois foron caendo temazos coma "Seven days" mesturados con temas doutros traballos discográficos coma "Landlords". Do seu ultimo traballo creo que tocaron catro ou cinco, o único que coma sempre, non tocaron clasicazos dos seus primeiros traballos (centranse nos seus traballos dos ultimos dez anos). En todo caso, soaron moi potentes, coa guitarra ao nivel do teclado(non por riba), coma no seu ultimo disco, cousa que me encanta. Perfecta interpretación, os irmáns Pardo estupendos , un a guitarra e outro as voces. A sección rítmica potente e avasalladora, e Marta reinando cos seus teclados e hammond. Mención especial para Miguel que estivo ademais de fantástico a voz, moi activo fisícamente, movendose continuamente co seu particular xeito, mestura de Chris Robinson, Iggy Pop e Mick Jagger. En definitiva, concertazo e que volvan pronto (os dous grupos).

Zënzar en concerto e gañadores do Cantalíngua 2011!!

Publicado o 26 de abr. de 2011 por RockIsomE. en
0



Parabéns os decanos do rock galego, Zënzar, gañadores do Cantalíngua 2011, tamén parabéns os outros premiados( Som do Galpom e Sacha na Horta)!!

Zenzar en concerto, primeiras datas do 2011:

FORUM CELTICUM , Culleredo. 12 maio 23h. + colaboradores (gaita, percusión e saxo)

PUB GATOS. Melide. 20 de maio 00,00h.

Zenzar tomase un respiro no proceso de composición do novo material para o seu sexto disco

que sairá no 2012, para facer este dous concertos da RGMV.

Neles fará un percorrido pola súa discografía mais destacada, coa axuda na parte final das súas

Colaboracións habituais para facer un final de concerto mais folck-rock

Tamén contan de presentar algún dos temas novos que están a compoñer, nestes concertos.

Mais info: http://www.myspace.com/somoszenzar

Novedades Carminha + Los Chavales

Publicado o 10 de abr. de 2011 por RockIsomE. en
0

Reproducimos a nota de prensa recibida:


As duas bandas compostelás apresentarám os seus novos discos na Sala CapitolCompostela) o vindeiro mércores 13 de Abril as 21:00 horas.

Novedades Carminha volta com o seu segundo LP, Jódete y Baila (Lixo Urbano, 2011), que evoluciona cara a um som mais garageiro e bailóm, roçando o lo-fi e achegando-se no estilo às bandas americanas da nova onda de garage, como Black Lips, Jacuzzi Boys ou Harlem.


Sem deixar de ser fieis ao seu delirante e incendiário discurso e ao seu enérgico e divertido directo, este novo traballho inclui 10 potentes cortes que, longe de abandonar a essência punk, achegam-se em frescura e indecência tanto à sujidade do garage como à calidez do pop, fazendo que este disco seja umha das promessas para o ano 2011. Podes escoitar o seu novo disco case na sua totalidade en http://novedadescarminha.bandcamp.com/


Los Chavales som Tato, Bibi, Toni e Fonso, suspeitosos habituais da cena musical compostelá, que se reúnem em Março de 2009 com a intençom de montar um grupo de verssóns de conjuntos hispanos dos anos sessenta exclusivamente. Com esse propósito formam um repertório de mais de trinta temas clássicos (Brincos, Bravos, Salvajes, Lone Star, Gritos...) que já tenhem apresentado em diferentes salas e festivais desde o verao desse mesmo ano. O seu primeiro EP de vinil 7'' contém clássicojavascript:void(0)s de Love, Birds, Beatles e Sonics adaptados ao castelhano pola própria banda.

Máis info:

http://www.myspace.com/novedadescarminha
http://www.myspace.com/oschavales

Slayer+Megadeth+Angelus Apatrida. 29/03/2011.Coliseum(A Coruña)

Publicado o 2 de abr. de 2011 por RockIsomE. en
0


Fodín o coche(avaría definitiva, hai que comprar outro), o día seguinte comezaba a currar pola mañá e por mor da avaría do auto chegamos as tantas; aínda me doe o pescozo, e tiven que aturar o concerto de Megadeth, que non me gustou nada, nadiña. Pero todo iso son minucias cando podes gozar de novo da avalancha sónica de Slayer en directo, todo iso cae no esquecemento cando soan os primeiros acordes de "World painted blood", tema co que abriron , e que tamén abre o seu magnífico ultimo traballo discográfico.

Esta era a miña terceira vez cun dos meus grupos favoritos, os reis do thrash metal, do metal extremo. Concerto curto pero moi, moi intenso. Interpretación perfecta. Set-list case perfecto, a min so me sobraba "Payback", teñen temas moito mellores que ese para encher ese oco(coma "Chemical Warfare", pena non o tocaran). A baixa(temporal) de Jeff Hanneman, foi suplida correctamente( imposible igualar ou superar o orixinal) por Gary Holt, líder dos lexendarios Exodus. O único problema foi que as guitarras estaban panoramizadas, de xeito que se estabas no lado dereito case non escoitabas a guitarra de Holt, e se estabas no esquerdo, pasabache o mesmo coa de Kerry King. Polo demais, son moi potente e intenso(pero moito, insisto), Dave Lombardo inmenso á batería(coma sempre) e Tom Araya nun estado vocal sorprendente(incrible mais ben, tendo en conta a súa idade). O seu concerto foi coma un vendaval, un sismo sonoro, sen tregua, golpearonnos unha, duas, tres veces....ata deixarnos noqueados, sen case descanso, sen case falar co público. Chegaron, arrasaron e foronse, non hai mais. So durante "Seasons on the abyss" e "Dead skin mask" a velocidade foi sustituida por escuridade, igual de intensa, e igualmente efectiva. Pasan os anos por todos, mais por Slayer non(e que siga así). Un concerto de Slayer non pode ser explicado, tes que vivilo, todo o demais que poida dicir, quedarase curto. Inmensos. O seu ten case mais de hardcore, de punk extremo que de metal no senso que por exemplo o entende Megadeth. Teño visto centos de concertos de bandas estatais, galegas, internacionais, de punk, metal, garaxe, hardcore, blues,tecno, jazz o que queiras, e nada, nada ten a forza a intensidade, a sensación de estar dentro dun tornado que teñen os concertos de Slayer. Foi unha puta cafrada, e un dos mellores concertos os que asisto en anos.

Angelus Apatrida, os teloneiros, tocaron ben, pero a mín non me dixeron nada, thrash metal oitentas moi ben tocado e nada mais(e nada menos). Influenzados claramente por Slayer e pouco mais que dicir. Megadeth(que nunca me gustaron moito , salvo algúns temas puntuais), moi frouxos. A batería demasiado alta, as guitarras moi baixas, o set-list malo, moito tema lento, medio tempo, o novo guitarra Broderick, pareceume un poser de coidado, moi pouca forza amosaron dende logo, iso sí, técnicamente perfectos, son limpo e tal, pero amigos, isto é un concerto de metal extremo, de thrash, non da orquestra filármonica de Londres, non se trata só de tocar ben, Alejandro Sanz tamén toca ben, pero....Tamén hai que dicir que despois ían Slayer, e ninguén sae ben parado cando toca con eles.

Set-list Slayer

01. World Painted Blood
02. Hate Worldwide
03. War Ensemble
04. Postmortem
05. Temptation
06. Dead Skin Mask
07. Silent Scream
08. The Antichrist
09. Americon
10. Payback
11. Seasons in the Abyss
12. Snuff
13. South of Heaven
14. Raining Blood
15. Black Magic
16. Angel of Death



DEF CON DOS. 12/03/2011.Sala Heineken(Madrid)

Publicado o 24 de mar. de 2011 por RockIsomE. en
0


A Heineken viu( e escoitou) o sábado, a nova falcatruada dos Def Con Dos, esta vez acompañados de Cienfuegos, unha banda para min descoñecida, rock acelerado que lembroume un chisco as bandas de la old school.Gustaron as súas cancións, nas que intercalan inglés (o que mais) e castelán,. Hai que escoitalos, e para iso agasalláronnos cun CD de catro temas, que entra a primeira.

Def Con Dos están de volta, e tódolos asistentes ao concerto do sábado puidemos comprobalo. Máis maiores pero coa mesma enerxía que hai vinte anos, descargaron ó seu arsenal de crónica/crítica social que xa xe gustaría ao Pedro Piqueras. Ritmo rap/hardcore, ou coma queiras chamalo, para ambientar unha sala onde non había espazo para ninguén mais. AQUÍ ESTOY DE NUEVO: entra a sintonía que lles serve de presentación e a peña colle os primeiros postos.¿Que día a xente? Def Con Dos!! O escenario quedáselle pequeno a estes grandes, que cuspan o seu repertorio coa mesma ironía e carraxe que cando comezaron. Foron descargando case todos os seus greatest hits. “Tuno bueno, tuno muerto”, “Acción mutante”, “La cuklpa de todo la tiene Yoko Ono”, “El coche no”, “Veraneo en Puerto Hurraco”, “AMV”, “De caceria”, “Ultramemia” e as que te imaxinas porque faltaron moi poucas. O seu disco “Alzheimer” estivo moi presente durante toda a noite. Todos cheos de ledicia e eles mais , ao ver coma o seu discurso mantense intacto no tempo, e a xente segue respondendo a súa chamada, LONGA VIDA A DEF CON DOS.

SET -LIST

  1. ¿Qué dice la gente?

  2. Fin de siglo

  3. Tuno bueno el tuno muerto

  4. Mundo chungo

  5. Acción mutante

  6. El coche no

  7. La Culpa de Todo la Tiene Yoko Ono- Muertos del Rock Vol II

  8. Pégale al ruido '95

  9. Ultramemia

  10. Veraneo en Puerto Hurraco

  11. A.M.V.

  12. Hipotécate tú

  13. Demasiado humano

  14. Trabajando para Dios

  15. De cacería

  16. El Día de la Bestia

  17. Mineros Locos

  18. Encore:

  19. Pánico a una muerte ridícula

  20. Destino Zoquete

  21. Alzheimer

  22. No tengo puntos

  23. No digas nada

Qué Dice la Gente (otra vez)


Texto e fotos: Raúl Gómez

Tradución: Rockisome

Se queres ver o reportaxe completo visita http://www.itsalive.es/

Corcobado + Sr. Chinarro, Sala Kitchen (Madrid)

Publicado o 12 de mar. de 2011 por RockIsomE. en
0


A sala Rock Kitchen encheuse o venres so ata a metade, semella raro, tendo en conta que a aposta era dobre. Por unha banda Antonio Luque(de aquí en diante Sr. Chinarro) presentando en acústico algún dos temas que incluirá o seu novo álbum, previsto para abril e por outra Corcobado co seus versos de amor/desamor.
Apareceu, en primeiro termo sentado, e armado unicamente coa súa guitarra e voz, Sr. Chinarro, descargando o seu repertorio durante preto dunha hora. Pareceume un concerto moi íntimo; coma cando un colega saca a guitarra e os seus amigos séntanse o seu arredor para escoitalo. A diferenza era que a solvencia deste musico esta mais que comprobada, a do colega remata aburrindo as poucas cancións.
Pola outra banda a iso das dez, saíu o escenario a banda que acompaña a Corcobado nas súas aventuras mais eléctricas, Susana Cáncer, Fino Onoyarte(quen fose o baixista de Los Enemigos entre outros proxectos) Jesus Alonso e Juan Marina. Comezou o concerto con “Desde tu herida”. A partires de aí sucedéronse cancións de amor e morte, e tamén de vida. As veces amargo, outras triste e en ocasións tamén se lle escapaba un sorriso. Este músico/poeta e quen de espertar a túa faciana máis doce ou a máis salvaxe, só cun par dos seus versos. A meirande parte dos temas do repertorio pertenceron ao seu derradeiro disco, “A nadie”, aínda que non se esqueceu de “Corcobator”, en “Coches de choque”. Tamén houbo espazo para temas doutras bandas, xa que parece que o seu seguinte ataque vai ser un CD de versións. Pareceume que os mellores momentos do concerto foron cara o final, con temas como “A nadie” e “Caballitos de anís”. Apagáronse as luces e volveron con Sr. Chinarro para tocar”Por que estoy tan triste?”, acendéronse as luces e saímos cun bo sabor de boca pero con ganas de mais.
Texto e foto: Raúl Gómez
Tradución: Jorge R.(Rockisome)
Se queres ver máis fotos deste concerto( e doutros), visita a web do fotografo http://www.itsalive.es/
Máis info: http://www.myspace.com/corcobado http://www.myspace.com/srchinarro

Concerto Tierra Santa. 19 de febreiro, 21:30 h.Sala Capitol(Compostela). 15€ Ant./20 € Taq.

Publicado o 15 de fev. de 2011 por Rulo. en
0